Skip to Content

GAÑADORA DA RIFA DO IES DE PASTORIZA 2013

Antes de nada, o reponsable da viaxe a París do IES de Pastoriza quere desculparse con todos os que compraron a rifa na que se sorteaba unha tablet e que non puideron ver publicados os números gañadores o luns 4 de marzo como estaba previsto. Xuntouse un cúmulo de circunstancias desfavorables que impediron que esta entrada fose publicada ata hoxe.

O número gañador do sorteo foi o 4000 e o número suplente, o 0499. O rapaz que vendeu o número 4000 anotara na matriz o nome de quen llo comprara, que resultou gañadora. Esta persoa chámase María del Carmen Balay Pardo e vive en Meicende. A tarde do luns 4 de marzo recibiu unha tablet Asus Nexus 7 3G e a súa funda, todo valorado en 320 €.

Parabéns para a gañadora e reitero as desculpas pola tardanza na publicación dos números agraciados.

 



page | by Dr. Radut