Skip to Content

Inicio do curso 2023-24

O luns 11 de setembro comezan as clases, en horario normal de 8:40 a 14:20h (mañán) e 16:30 a 18:10 (tarde). A entrada no centro para todo o alumnado será a partir das 8:40h.

O transporte escolar funcionará en horario normal, mais pode haber incidencias motivadas á empresa que fai o servizo. O alumnado transportado deberá estar con tempo nas paradas. 

O alumnado será recibido a primeira hora polos titores respectivos, tendo clase normal a partir da segunda hora segundo horario:

  • O alumnado de nova incorporación ao centro (1ºESO) será atendido polo equipo directivo e os titores respectivos a primeira hora.
  • O alumnado do resto dos cursos da ESO e BAC recibirán no seu correo do @iesdepastoriza horario e plano de ubicación das aulas o venres 8 ás 13h, sendo recibidos polos titores respectivos nas aulas asignadas.

 Calendario curso.

Graduación 4ºESO

Achegamos o enlace ao álbum de fotos da Graduación de 4º ESO.

Calendario de fin curso 2022-23

1 REMATE DAS ACTIVIDADES LECTIVAS: 21 de xuño (mércores). Devolución dos libros do fondo solidario.

2 AVALIACIÓNS FINAIS: 22 de xuño (xoves).

3 ENTREGA DE BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS: o venres 23 de xuño ás 11:00 h.

4 MATRÍCULA PARA O CURSO 2023-24: Do 23 de xuño ata o 7 de xullo nas Oficinas en horario de 9:30 a 13:30 horas.

5 REVISIÓNS E RECLAMACIÓNS: (Orde 28 agosto 1995, BOE do 20/09):

 

23 a 27 xuño

Revisión de exames de 10:30 a 12:30h: Os alumnos dirixiranse aos Departamentos das materias correspondentes para a revisión dos exames cos respectivos profesores.

Solicitude por escrito (no caso de non estar de acordo coa revisión anterior), por parte dos alumnos ou os seus pais ou titores, de revisión da cualificación final obtida nunha materia ou de revisión da decisión de non promoción ou titulación. Estas solicitudes, que deberán conter cantas alegacións xustifiquen a disconformidade coas decisións adoptadas, serán entregadas en Xefatura  de estudos antes das 13:30 horas do 27 de xuño.

28 xuño

Comunicación da resolución do Departamento didáctico ao alumno ou pais.

 

Reclamación ante a Xefatura Territorial por desacordo do alumno ou pais coa revisión da cualificación nunha materia:

No caso de que persista o desacordo, alumno ou pais ou titores poderán solicitar por escrito á Dirección, no prazo de dous días a partir da última comunicación do centro, que eleve a reclamación a instancias superiores.

 

 

VISITA AO LABIRINTO DE BREOGHÁN E AOS PETRÓGLIFOS DE VILARMAIOR

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega realizou o día 15 de xuño unha visita ao LABIRINTO DE BREOGHÁN e coñeceu os PETRÓGLIFOS DE VILARMAIOR.

A nosa intención foi que o noso alumnado coñecera un entorno rural alonxado do estrés diario, un lugar máxico con máis de 4000 árbores que dan forma de cruz celta ao labirinto máis grande da península (6120m2).

O obxectivo é que valoren os nosos antepasados celtas, que camiñen de volta ás orixes, a unha época onde a natureza nos mergullía en todo o seu esplendor, lonxe dos artificios hoxe presentes.

Club de Lectura 2022-23

Roteiro pola Coruña (7_6_23)

 

Como cada fin de curso, a rapazada do Club de Lectura fixo unha saída para celebrar o percorrido lector realizado durante todo o ano. 

Contamos cun grupo fantástico de rapaces e rapazas, que LEN e comparten as súas lecturas na nos biblioteca, así que desta vez buscamos un lugar ao aire libre para reflexionar cos pulmóns cheos! Cheos sobre todo de ilusión e ganas de comer o mundo!

Foi un día fantástico!!! Moitísimas grazas a todos eles!

Álbum fotos evento.

I Olimpiada Nacional de Teleco - Premio á proposta mais aliñada co ODS 11

Alumnado de 4º ESO do noso centro participou na I Olimpiada de Teleco organizada polas 20 Escolas universitarias de Enxeñaría de Telecomunicación españolas. Na fase eliminatoria de Galicia, o equipo formado por Doaa, Alicia, Sergio e Martín, entre 197 alumnos de 13 centros das catro provincias, acadou un dos 3 premios seleccionados polo xurado, composto por profesorado da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo e de varias empresas patrocinadoras (Indra, BorgWarner e Televés).

Os mellores proxectos pasan directamente á competición a nivel nacional, que será en xuño 2023.

Achegamos un álbum de fotos do evento.

Parabéns ao equipo participante. Ánimo e a por todas na Fase nacional!.

Fondo solidario de libros e axudas para material escolar 2023-24

Achegamos a seguinte información referente á convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar para o curso 2023/24.

O prazo para a presentación das solicitudes inicia o 20/maio e remata o 21/xuño 2023 (incluído).

 

ASISTENCIA AO CORRELINGUA 2023

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Pastoriza participou na actividade do Correlingua que se celebrou o venres día 5 de maio. Nesta ocasión o lema foi "NA CASA, NA ESCOLA, BOTA A LINGUA FÓRA!

Trátase dunha proposta de carácter lúdico-educativo que convida a rapazada dos centros de ensino a  participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma.

A este acto acudiu o noso alumnado dos niveis de 3º de ESO e de 1º de BAC.

Queremos salientar o noso agradecemento ao Concello de Arteixo pola concesión da gratuidade do transporte para poder asistir a dita actividade. Mil grazas!!

 

Todos e todas ao Parque de Santa Margarida o próximo sábado 6 de Maio

Como moitos de vós xa saberedes, o club de ciencia do IES de Pastoriza realiza, dende hai cinco anos, actividades variadas e motivadoras para os alumnos e alumnas participantes.

Neste senso, o próximo sábado 6 de maio, os nosos científicos e científicas mostrarán ao público no Día da Ciencia na Rúa no Parque de Santa Margarida da Coruña, todos os experimentos que levan preparando durante semanas.

horario de apertura ao público é de 11:00 a 14:30h e de 15:30 a 19:00h. Así que non fagades plans e vide a apoiar á ciencia que se fai en Pastoriza por rapaces e rapazas do noso instituto.

Esperámosvos con moita ilusión, e algo de nervios, na "jaima" número 44. Non faltedes!!!

 Enlace ao álbum do evento

Distribuir contido


by Dr. Radut