Skip to Content

Info Point

EUROSCOLA: A EUROPE OF EQUAL OPPORTUNITIES?

Xoves 21 de marzo, unha nova sesión on line do programa EUROSCOLA desde a sede do Parlamento Europeo de Estrasburgo. 10 centros españois fumos invitados para participar nesta sesión de Marzo que convidaba a reflexionar sobre THE EUROPEAN PARLIAMENT’S DEFENCE OF WOMEN’S RIGHTS AND GENDER EQUALITY.

Desde as 10 ás 12:30 o programa desenvolveu os contidos emulando as sesións do Parlamento. Despois da benvida da Presidenta Roberta Metsola, escoitamos a Henry WASUNG, Secretariat of the Committee on Women's Rights and Gender Equality, e puidemos enviar preguntas a través da plataforma SLIDO que foron respondidas e discutidas tanto polos presentes como polos convidados virtuais. A segunda das intervencións foi a de João ALBUQUERQUE, do Grupo da Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas, co que chegamos ao remate desta actividade.

Unha sesión longa e de esforzo contínuo xa que os ponentes utilizan o inglés e non había interpretación activa desde o Parlamento. Un detalle de calidade a engadir ao esforzo que o alumnado tivo que facer e mantivo durante estas máis de dúas horas de participación e debate cidadá. Unha experiencia máis que de seguro suporá un engadido na formación do noso alumnado.

 

 

MÁIS ACTIVIDADES EN MARZO

Seguimos neste mes de marzo coas actividades prevista... e algunha máis.

XOVES 14 de MARZO: temos a charla da historiadora e investigadora sobre perspectiva de xénero ANA CABANA; conectaremos online coa sala da Fundación ABanca para escoitala sobre "A conto de que unha historia das mulleres?"

 

LUNS 18 de MARZO: poderemos conectarmos desde as 11:00 horas a esta charla entre os nosos eurodiputados.

XOVES 21: sesión online de EUROSCOLA entre as 10 e as 12:30 co tema “A EUROPE OF EQUAL OPPORTUNITIES? THE EUROPEAN PARLIAMENT’S DEFENCE OF WOMEN’S RIGHTS AND GENDER EQUALITY”. PRÉGASE AO ALUMNADO CUBRA O SEGUINTE FORMULARIO PARA PARTICIPAR. 

VENRES 22: charla Myriam Garabito Cociña, Xefa do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) en Lugo. Ex Presidenta UNICEF Comité Galicia e Ex Patrona UNICEF Comité Español, pertence ao colectivo CIENCIA EN FEMENINO de 12:30 -14:00.

ATA O 15 DE ABRILconcurso de fotografía promovido polas EUROPE DIRECT de A Coruña e Lugo sobre Cidadanía Europea en Galicia para maiores de 18...

 

Charla de Nary Ly: olímpica, supervivinte, científica

O Día Internacional da Muller nace como resultado de diferentes actividades e movementos obreiros a comezos do século XX en América do Norte e Europa. Desde entón, este día adquiriu unha dimensión global e o movemento internacional de mulleres, reforzado polas conferencias das Nacións Unidas sobre a muller, contribuíu a que a súa conmemoración ofreza unha oportunidade para aumentar o apoio aos dereitos e participación das mulleres.

As Nacións Unidas comezaron a celebrar o Día Internacional da Muller o 8 de marzo de 1975, Ano Internacional da Muller. Dous anos despois, en decembro de 1977, a Asemblea Xeral aprobou unha resolución pola que se proclamaba o Día das Nacións Unidas polos Dereitos da Muller e a Paz Internacional, que os Estados membros poderán celebrar calquera día do ano de acordo coa súa tradición histórica e nacional.

Un curso máis queremos implicarnos nas actividades desta data cunha primeira visita dunha persoa xa coñecida no centro: NARY LY, que, nesta ocasión, comentará o video sobre a súa vida e experiencias que podemos encontrar en Movistar. Tamén presentará o seu libro para a infancia onde relata a súa vida.

Unha vez máis, o noso AGRADECEMENTO e o noso recoñecemento pola súa lección de vida. Agardámoste máis veces Nary....

 

 

 

Deixamos aquí a noticia de Pablo Villapol publicada en El Progreso este venres 1 de marzo.

PREMIO TRABALLO ECONOMÍA 2º BAC B (orgullo de TITOR)

O traballo de titoría é, as máis das veces, un traballo de control e seguimento, que sempre implica moita presión para o alumnado, as familias e o profesorado. Hai que aproveitar o pouco tempo do que dispoñemos para intentar sacar o maior e mellor partido dos nosos pupilandos e isto sempre provoca tensións que forzan as nosas relacións como persoas.... sobre todo aquelas que se están descubrindo e construíndo.... Por esta razón é máxima a alegría cando sumamos ocasión, esforzo, dedicación e colaboración... sempre, claro está cun fío condutor dunha boa profesional, como destacamos esta vez a FÁTIMA DORADO RODRÍGUEZ, a quen facemos extensiva esta mostra emocionada de agradecemento e envexa. Foi a persoa que soubo sacar do noso alumnado a inquedanza suficiente para que sexan recoñecidos como uns dos gañadores deste concurso.... NORABOA, E BOA SORTE....! Aínda queda camiño....

Os alumnos gañadores da edición deste ano do YOUNG BUSINESS TALENTS do grupo de 2º bac B son: Nacho Coto Vior, Pedro M. Fanego Díaz, Sergio Martinez Tella e Adrián Rodríguez Pérez. 

 

MES DE MARZO: actividades do departamento

Tendo en conta que unha das liñas de traballo deste departamento é a IGUALDADE, e de que definímonos como FEMINISTAS activos, o mes de marzo supón sempre para nos ocasión de reivindicar xustiza e equidade para as persoas, e intentar equilibrar o desaxuste histórico entre homes e mulleres no campo do pensamento. 

Desta forma as propostas que realizamos continúan nesta liña de traballo e teñen por obxectivo visibilizar esta situación, promover e difundir ámbitos e logros femininos, e, sobre todo, animar, aguilloar, esporear, incitar as alumnas do centro e da nosa comunidade educativa a fortalecer o colectivo de profesionais femininos en todos os ámbitos en xeral, e nas ciencias en particular. Para este fin contamos coa axuda do colectivo de científicas La ciencia es femenino a través do programa prensaescuela de La Voz de Galicia.

Ampliaremos esta nova nos vindeiros días....

Programa EUROSCOLA 21 marzo

san Valentín: a historia dun santo pouco querido pola Igrexa

Nos últimos tempos (e falamos de séculos) o menosprezo polas ideas relixiosas foi en aumento, e a este feito sumouse o impulso que a sociedade capitalista deu a certas festividadesl, cultos e ritos con clara tendencia fideísta de calquera índole. Isto levou, nalgúns casos, a escoller e/ou retomar tradicións e costumes que, sendo tamén lonxanas, apártanse suficientemente das nosas crenzas máis cercanas. 

Para desgusto de moitas destas persoas snobs e pseudointelectuais, os ritos, costumes e tradicións teñen en todas as culturas (alomenos do noso planeta) unha compoñente espiritual, mística, fetichista, anímica,... ou similar que resulta innegable para calquera. O cal non implica que sexa algo malo, senón simplemente que a evolución funciona (para ben ou para mal) e que debe ser algo co que contemos e que teñamos en conta.

O bo e o malo que cada sociedade teña asumido, producido ou eliminado non debe ser óbice para que se recolla, remire, readapte ou definitivamente se relegue ao máis absoluto pasado. Tendo en conta estes factores queremos presentarvos a historia de san Valentín, un máis dos protagonistas da historia relixiosa que pasou por avatares suficientes como para lembralos. Certo é que non sabemos con seguridade se foi este o que hoxe celebramos ou algún outro, pero al menos este ten detalles que o relacionan con esta festividade. Tampouco sabemos se os feitos que herdamos dos nosos antergos son fieis á realidade... pero o caso é que a transcendencia e actualidade (eterna e humana, aínda que soe contradictorio) do asunto impulsa esta acotación histórica (ou case).

Lede aquí pois unha posible orixe desta celebración... Un cura para o amor

ENTROIDO EN 2º BAC B

Esta foi unha proposta pero tiñamos máis.....

 

  

 

 

 

DÍA DA PAZ

Hai determinadas conmemoracións educativas que teñen especial consideración dependendo das circunstancias sociais nas que toque vivir. A conmemoración do DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Conflitos bélicos (ata 2018)

Guerras e Mortos (ata 1987)

HISTORIA DOS FOROS DE DEBATE VOAR

Esta breve historia (tomada fundamentalmente de moitas publicacións de La Voz de Galicia) pretende actualizar o percorrido e os protagonistas que estes Foros trouxeron a Ribadeo desde os seus comezos en 1995. Sirva tamén de agradecemento a todos aquelas persoas que fan posible, grazas á súa dilixencia e tolerancia, que estas voces e estes temas poidan ser escoitados.

E serva tamén de invitación para participar de forma activa na política cidadá que está tan necesitada de voces  ben flexionadas e reposadas que aporten diálogo, traballo e entusiasmo ás novas xeracións. Só desde cos valores democráticos máis básicos poderemos afianzar os alicerces do progreso social.

A primeira edición dos FOROS DE DEBATE VOAR tivo lugar en 1995, baixo o título «La Crisis Económica», estaban invitados Víctor Moro, José Luis Barreiro, Ramón Tamames, Rafael del Pino e Guillermo de la Dehesa.

En 1996, a segunda edición propuxo «La Crisis Institucional», con Victorino Núñez, Isaac Díaz Pardo, Perfecto Conde, Fernando Ónega, Baltasar Garzón, Gustavo Bueno y Fernando Morán.

En 1997 a terceira edición tratou sobre «Formas de Estado: Monarquía y República» reuniron a Sir Raymond Carr, J.P. Fusi, Xosé Ramón Barreiro, Eduardo Haro Tecglen, Santiago Carrillo e Gonzalo Fernández de la Mora.

En 1998 «Europa y los Nacionalismos» foi o tema da cuarta edición, con Leopoldo Calvo Sotelo, Mario Onaindía, Camilo Nogueira, Fernando Savater e J. Antoni Durán i Lleida.

A quinta edición de 1999 planteou debater sobre o poder, as súas formas e sobre as súas aparencias, e os poñentes foron Sabino Fernández Campo, Miguel Boyer, Clemente Auger e Miguel Ángel Aguilar.

No 2016 a sexta edición abordou “Europa, un proyecto común" coas intervencións de Miguel Ángel Revilla, Josep Borrell, José Manuel García-Margallo e Bieito Rubido.

Na séptima edición (2022) dos foros o tema elexido foi «Ética y Política» e contou coa participación de Alberto Núñez Feijoo, Rosa Díez González, Íñigo Errejón Galván e Patxi López Álvarez. 

O pasado 2023, a VIII edición propuxo o tema «Estatalismo o Liberalismo», e nel participaron Juan Carlos Monedero, Antonio Garamendi, Ana pontón e Rodrigo Rato.

Distribuir contido


by Dr. Radut