Skip to Content

Portugués

Acción Pedagóxica – Visita de Estudo (Porto)

 

Fomentando a aprendizaxe en diferentes contextos, ampliando o coñecemento e o acceso á cultura, o alumnado do 4.º da ESO e do 2.º do Bacharelato do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, realizaron un traballo diferente: un ciclo de visitas de estudo na cidade do Porto. Entre os días 10, 11 e 12 de xaneiro tiveron a oportunidade de visitar puntos emblemáticos da cidade do Porto. A viaxe de estudo permitiu ao alumnado coñecer a riqueza histórica e cultural da cidade, aproveitando o bo tempo, tamén deron paseos polas rúas da Ribeira, de Vila Nova de Gaia, paseo en barco polo Douro, visita guiada á Casa-Museo Teixeira Lopes, unha visita apaixonante que testemuña a riqueza da colección reservada neste espazo.

VIAXE DO ALUMNADO DE PORTUGUÉS A OPORTO

VER GALERÍA DE FOTOS

O Departamento de Portugués co obxectivo de promover un ensino-aprendizaxe en diferentes espazos, realizou unha visita de estudo co alumnado do 1.º de Bacharelato ao noso país-irmán, Portugal. Acompañounos de xeito altruísta  a profesora de Artes Plásticas María Jesús Colmenero Torres. Moitas grazas, Chus!

LEITURA CONTINUADA DO ROMANCE CHIQUINHO DO ESCRITOR CABO-VERDIANO BALTASAR LOPES

O IES Perdouro de Burela convidou-nos para participar da leitura continuada do romance Chiquinho de Baltasar Lopes. As alunas e alunos de português do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo aceitaram o convite e puseram mãos à obra com a leitura de excertos do livro, celebrando a diversidade e a partilha entre estudantes e escolas de diferentes lugares.

ENCONTROS CON ESCRITORAS

O pasado trimestre parte do alumnado de Portugués asistiu a un encontro coa escritora Maria José Carvalho Areal na Biblioteca Municipal de Vila Nova de Cerveira . Tralo mesmo,a autora cedeu amablemente varios volumes do seu último libro Carro vermelho para o IES de Ribadeo e adicounos un dos exemplares.

 

BANDA DESEÑADA. Xaneiro 2020

 

Ampliamos a sección de banda deseñada coa incorporación do último cómic de Astérix, A filha de Vercingétorix, en lingua portuguesa.

 

LIBROS ADICADOS. Xaneiro 2020

 

A nosa sección de Libros adicados amplíase cun exemplar do conto Carro vernelho asinado pola escritora Maria José Carvalho Areal. Parte do alumnado de Portugués asistiu a un encontro con ela na Biblioteca Municipal de Vila Nova de Cerveira durante a súa viaxe a Portugal o pasado trimestre. Asemade, a autora cedeu amablemente varios exemplares do libro para o IES de Ribadeo.

 

SECCIÓN AUDIOVISUAIS. Decembro 2019

Co fin de buscar novos materiais para as aulas de Portugués e, á vez, ampliar a nosa sección Local adquirimos, a petición de parte do profesorado, o filme en portugués “Bad Investigate”, filmado en boa parte en escenarios de Ribadeo e a súa contorna.

 

http://cinesribadeo.blogspot.com/2017/01/rodaxe-de-bad-investigate.html

LIBROS EN PORTUGUÉS

 

Este primeiro trimestre de 2019 ampliamos a sección de Literatura Portuguesa cun lote de libros mercados pola profesora Dores Fernández Abel durante a súa estadía en Porto dentro do programa Piale.

 

Premio Meendinho á profesora de Portugués, Dores Fernández Abel.

 

A finais do curso 2018-2019, o órgao de goberno da Fundaçom Meendinho concedeu o Prémio Meendinho á profesora do noso centro Dores Fernández Abel, por ser a docente de toda Galiza con máis alumnado de portugués. Todo isto dentro do contexto da implementación da Lei Paz Andrade (LEI 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía), por como esta serve para mellorar o desenvolvemento social, económico e cultural galego ao tirar proveito da vantaxe histórica da variante internacional da nosa lingua. 

O pasado sábado, día 19, foi entregue esta distinción no decurso dunha Festa da Lusofonia, no Círculo Habanero da Devesa. Asistiron ao convivio, antigo alumnado e alumnado actual, ademais de profesorado do centro, para alén doutras persoas con interese no portugués. Tamén se contou coa presenza do Presidente  e a secretaria da Fundaçom Mendinho, Alexandre Banhos Campo e Manuela Riveiro Cascudo, así como coa do lexicógrafo e  profesor Isaac Alonso Estraviz. Amenizaron o acto, ademais dun concurso sobre a lusofonia, un grupo de alumnos do IES Perdouro de Burela e un grupo de cantareiras de Ribadeo.

A prensa fíxose eco do evento:

- PLG.gal

- Sermos Galiza

- La Comarca

Premendo aquí pódese acceder á nova publicada no Blog da Biblioteca.

ENTREGA PREMIO MENDINHO: EXPOSICIÓN DE LIBROS EN PORTUGUÉS

 

A finais do pasado curso 2018-19 a profesora de Portugués do noso centro Dores  Fernández Abel recibiu o premio Mendiho, entregado pola asociación homónima,  por ser o noso o centro con maior número de alumnado nesta materia en toda Galicia. O sábado 19 de outubro de 2019 conmemorouse o feito cunha festa da lusofonía na que a biblioteca participou cedendo libros da sección de Portugués para montar unha sinxela exposición. Tivemos a sorte de contar nesta celebración coa presenza de Isaac Estraviz, cuxo dicionario segue sendo un referente para a Lexicografía galego-portuguesa. A nosa noraboa á premiada e ao seu alumnado.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut