Skip to Content

Portugués

Visita de estudos ao Porto.

 

Do 24 ao 28 de abril, o alumnado de Portugués de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato viaxou a Portugal, concretamente ás cidades do Porto e Gimaraes. Os obxectivos eran a inmersión lingüística em portugués e coñecer o patrimonio cultural, paisaxístico e arquitectónico de Portugal.

Foron acompañados polas profesoras Carla Díaz Fernández e Dores Fernández Abel.

A viaxe fíxose conxuntamente co IES de Foz.                                              Ver mais imaxes
 

 

Viaxe a Santiago e Pontevedra para coñecer a obra artística de Castelao

Un grupo de alumnas e alumnos de 3º de ESO visitaron Pontevedra e Santiago para coñecer a obra artística de Castelao.
 
No Museo da Deputación Provincial puideron coñecer, ademais da excelente colección de pintura e debuxos de Castelao, obras de arte de todas as épocas, desde a Prehistoria até a contemporánea. Despois visitaron o centro da cidade.
 
Xa pola tarde, e no Gaiás, contemplaron o cadro "a derradeira leición do mestre" e visitaron algúns dos edificios da Cidade da Cultura.
Acompañáronos as profesoras Mirian Bouso Gallego, Carla Díaz Fernández  e Teresa González Piñeiroa.
  

Viaxe a Melgaço, norte de Portugal.

O alumnado de portugués de ESO viaxou o día 21 de decembro a Melgaço, vila portuguesa fronteiriza con Galiza.

Foron recibidos na biblioteca municipal, onde visitaron as instalacións e asistiron á lectura dun conto en portugués. Despois coñeceron a historia do contrabando a través do rio Miño e da emigración no Espaço Memória e Fronteira. Xantaron nas Termas do Peso, cuxas intalacións visitaron a continuación. Pasearon pola vila e subiron á torre de homenaxe do castelo. Por último aprenderon como foi evolucionando o mundo do cinema no Museo do Cinema.

Foron acompañados polas profesoras Dores Fernández Abel e Isabel López López.

  

Peça a peça. Actividade de portugués

Cathia Capelán Díaz , do Departamento de Lingua Portuguesa, deseñou a actividade “Peça a peça” para 4º da ESO e púxoa en práctica o pasado 20 de novembro. Trátase dun xogo cooperativo e dinámico no que o alumnado fai parte activa da biblioteca e aprende ao mesmo tempo.

 

Dinámica:

 

   • Consiste en completar un puzzle obtendo previamente  as diferentes pezas que o compoñen.(O puzzle realizouse utlizando un cartaz de Plambe sobre as Bibliotecas Escolares)

   • A profesora realizou previamente unha selección de libros da literatura galega e portuguesa e colocou as diferentes pezas agochadas nas súas páxinas.

   • Tras atopar os libros, aos que se chega a través dunha serie de pistas, o alumnado recompilou todas as pezas e completou o puzzle.

 

 

Obxectivos:

 

• Coñecer as diferentes seccións en que está distribuída a biblioteca: hemeroteca, linguas (galego, portugués…), sociolinguística…

• Identificala cun lugar para aprender dun xeito divertido e para descubrir magníficas obras literarias.

• Empregar as TAC (tecnoloxias da aprendizaxe e do coñecemento) para a súa investigación inicial inicial nos ordenadores da biblioteca.

• Perfeccionar  o seu nivel en lingua portuguesa e aprender novo vocabulario coa resolución das pistas e a posterior lectura e escrita selectiva dalgún fragmento dos libros.

Viaxe do alumnado de Portugués ao Porto.

Máis un ano, o alumnado de portugués de primeiro de bacharelato viaxou a Portugal, concretamente á cidade do Porto, e aproveitou o regreso para coñecer Guimarães.

O museo da Fundação Serralves, que expuña obra de Álvaro Lapa, e os seus xardíns foi, xunto coa Casa da Música, unha das visitas máis destacadas.

Os principais monumentos e lugares da cidade foron coñecidos a través das explicacións dun guía local e complementadas cun paseo en barco polo río Douro.

Coñecer o sistema educativo portugués e o contacto co alumnado  eran tamén obxectivos da viaxe. Con esta finalidade, visitouse un instituto de Vila Nova de Gaia, a Escola Inês de Castro, a través do profesorado de Educación Física, que preparou varias actividades relacionadas co mundo do deporte.

O tempo libre permitiu que alumnado se relacionase cos habitantes desta cidade tan dinámica, e puidese ter contacto coa lingua portuguesa dunha maneira máis informal.

 

Viaxe a Valença do miño e Vigo

O alumnado de portugués da ESO e todo o de 3º de ESO púxolle o ramo á primeira avaliación viaxando a Valença do Minho e Vigo.

En Valença coñeceron a Fortaleza e a súa historia; en Vigo, o casco histórico. Tamén visitaron o Museo do Mar para ver o Pergamiño Vindel, e aprender sobre a época en que foi escrito.

As profesoras Mírian Bouso, Isabel López López, Dores Fernández Abel e o profesor Suso Fernández Acevedo acompañaron o alumnado nesta xeira de espairecemento e aprendizaxe.                                         Mais fotografías

Viaxe a Porto

Do 5 ao 9 de abril, e dentro do proxecto aPorto Júnior, un grupo de alumnas e alumnos de portugués  de 1º de Bacharelato viaxaron a Portugal. Foron acompañados polos profesores Ignacio Rego e Dores Fernández Abel. O Concello de Ribadeo colaborou cos gastos do transporte.
 
Visitaron unha escola agraria, a EPAMAC, un instituto de Vilanova de Gaia (o Inés de Castro), a Fundación Serralves, coñeceron a cidade do Porto e, finalmente, subiron á citania de Sanfins.
 
 

PROGRAMA PIALE 16

A profesora Dores Fernández Abel, do departamento de Língua portuguesa, participou no Programa Piale 2016 cunha estadía nun centro escolar de Lisboa. 

Premendo neste enlace podes ver información sobre esta experiencia.

 

Falua: música en portugués

O venres, día 10 de xuño, o grupo Falua (Sara de Sousa e Gom de Abadim) actuou para o alumnado de Lingua portuguesa. Organizou a actividade Dores Fernández Abel, xefa deste departamento. Previamente, a nosa alumna Yolanda Dias interpretou un tema de Aline Frazão.

Aquí pódese ver un VÍDEO doutra actuación deste grupo.

Correlingua, 2016

O alumnado de portugués de 4º da ESO, acompañado da profesora Dores F. Abel, recolleu o premio ao manifesto gañador do Correlingua 2016, en Pontevedra, no acto oficial de presentación desta actividade no Museo Provincial. 
Aproveitaron a viaxe para coñecer unha magnífica exposición da obra de Castelao e visitar o casco historico da cidade.

 

PARABÉNS!

Distribuir contido


by Dr. Radut