Skip to Content

Dinamización lingüística

Literatura galega e audiovisual

O alumnado de Literatura galega e sociedade, materia de libre configuración de centro, de 2º de BAC, elaborou booktrailers ou videopoemas. Colaborou o Equipo de dinamización lingüística e o Equipo da biblioteca. Velaquí os seus traballos:

 

BOOKTRAILERS:

 Agustín Fernández Paz: O único que queda é o amor.

 

 Xosé Neira Vilas: Memorias dun neno labrego.

 

María Solar: Os nenos da varíola.

 

Carlos G. Reigosa: Pepa, a loba.

 

VIDEOPOEMA:

García Lorca: “Chove en Santiago”.

 

 

 

 

 

 

 

 

Correlingua 2019

 

Este ano Ribadeo acolleu o Correlingua da Mariña, no que participaron 2000 escolares. Foi o 7 de maio.

 

Percorreuse a Estrada do Faro e unha parte do casco urbano, para terminar no Cantón, onde tivo lugar o festival final. Paco Nogueiras actuou para as/os máis pequenas/os, e a banda de Pauliña para o conxunto do alumnado. Presentou Isabel Risco.

 

 Do noso centro, participou o alumnado de 1º, 2º e 3º do ESO e encargáronse de ler o manifesto 5 alumnas e alumnos de 1º do ESO.

 

 

    



 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

.

LITERATURA EN CARNE VIVA

Con esta actividade quixemos conmemorar a celebración, o 23 de abril, do Día do Libro.

Participou o alumnado de 2º de ESO, e o xogo consistiu en reunir tres partes dispersas de información sobre literatura galega (Autor + título dunha obra dividido en dúas partes. Exemplo: Castelao / Os dous / de sempre).

Nas horas previas  ó recreo escribíuselle  na man a cada persoa, con rotulador, 1/3 da información. Durante o recreo tiveron que atopar os compañeiros ou compañeiras que tiñan as partes que lles faltaban. Houbo premio para os tres primeiros equipos que completaron o puzzle.

O obxectivo do xogo é familiarizar ao alumnado de xeito lúdico cos titulos e autores máis significativos da literatura galega.

 

     

 

 

 

María Reimóndez

Mais fotografías

Por segunda vez, María Reimóndez visitou o noso instituto. 1° de ESO leu Corredora e 1° Bacharelato, A dúbida. 
Lecturas que propoñen referentes de mulleres no deporte e que visibilizan e condenan os abusos sexuais a menores.
#LecturasFeministasParaCambiarOMundo
#ComitéLila
#IesLiterarios
#EditorialXerais.

 

“Rosalía sempre viva. Viva Rosalía”

 

Do 26 de febreiro até o 15 de marzo podemos disfrutar no vestíbulo principal do instituto da exposición “Rosalía sempre viva. Viva Rosalía”, xestionada pola Casa-Museo Manuel María. Elaborada no 125 aniversario do seu pasamento, está composta por 20 paneis despregábeis e ofrece unha explicación dos principais acontecementos da biografía da poeta.

 



 

A Galipedia

 

 

 

O luns, día 4 de febreiro, Antonio Gregorio Montes faloulle ó alumnado de 2º de ESO da Galipedia, versión en galego da Wikipedia. O relator foi un dos promotores desta enciclopedia colaborativa e, durante algún tempo, un dos seus administradores.

 

 

Organizaron a actividade o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Galego.

 

 

.

Calendario toponímico

                 

Aproveitando que Ribadeo ten doce meses, o Equipo de Dinamización Lingüística elaborou un calendario toponímico, con formato de sobremesa, de xeito que en cada mes explícase a orixe do nome dunha parroquia e acompáñase cunha foto da mesma.

 Aquí pódese ver o contido en pdf.

Visita do Apalpador

Convidado polo noso compañeiro David Faro Domínguez, o venres 21 de decembro tivemos a honra de recibir ao Apalpador, que percorreu distintas dependencias do centro e visitou ao profesorado e ao alumnado de 1º da ESO para facerlle entrega dos seus agasallos.

Agradecémoslle encarecidamente o galano que deixou para a nosa biblioteca: tres exemplares (en galego, portugués e castelán) do libro A utilidade do inútil, manifesto tan necesario nos noso tempos para rexeitar a actual ditadura do beneficio e do utilitarismo e apostar polos coñecementos que nutren o espírito: a filosofía, a música, a literatura, a arte…Grazas, David!

     

 

 

.

Palabras que abren portas

     Este vídeo é un resumo das actuacións do Comité Lila en torno ó 25 de novembro de 2018. O día 16 organizou un encontro, en colaboración co CIM, no Teatro de Ribadeo no que un grupo de persoas explicaron o proceso de xestación e gravación do vídeo Pensa, fálao. Vive! Foi un acto didáctico e moi emotivo ó que asistiron arredor de 280 persoas. O 23 de novembro o Comité Lila sumouse ó evento organizado polo Concello e escenificou "Palabras que abren poetas", unha representación dos conceptos de patriarcado, insubmisión, chan pegañento, teito de cristal e sororidade.

 

3.3

Co gallo de conmemorar o Día da Constitución, o alumnado de 2º de ESO A participou na elaboración dun vídeo que ten como obxectivo promover a concienciación sobre a importancia da diversidade lingüística como algo que merece especial respecto e protección.
 
É unha iniciativa do Equipo de Dinamización Lingüística.
 

Distribuir contido


by Dr. Radut