Skip to Content

Filosofía

3º trimestre. PROXECTO EDIXGAL

(12/04/21) Comezamos xa o terceiro trimestre e con el todas as actividades finais, tanto interdisciplinares como académicas. Teremos un fin de curso bastante movido e pretendemos facer moitas cousas.

Unha das primeiras é debater a continuidade no PROXECTO EDIXGAL, e como hai moita xente que non sabe que é, imos decribir aquí e agora as súas caracteríticas xenéricas. As opcións son persoais, pero as argumentacións deben ser obxectivas. Só así poderemos xulgar, criticar e escoller a opción más axeitada, a que cada un fundamente, pero con coñecemento de causas, que é a premisa principal de calquera discusión (e tamén a que máis veces esquecemos). A fin de contas non decidimos se o que fago eu é o mellor ou non, senón que decidimos O TIPO DE CENTRO QUE QUEREMOS TER E SER, e eu quero un centro modernizado, conectado e informatizado. 

EDIXGAL é un proxecto de educación dixital no sentido máis amplo, é dicir, non se trata únicamente dun proxecto de libros dixitais. O proxecto EDIXGAL integra os seguintes componentes:

- Unha plataforma online (EVA Online)
- Unha plataforma Offline (EVA Offline)
- Contidos dixitais profesionais de 4 editoriais distintas
- Un ordenador para cada un dos alumnos/as
- Un ordenador para cada un dos profesores/as
- Un sistema operativo propio (Linux Educación) en todos os dispositivos do proxecto
- Reforzo da conectividade dos centros
- Instalación dun servidor local no propio centro
- Un sistema propio de recuperación e restauración dos equipos (Clonación)
- Un servizo propio de atención, soporte e asesoramente (Soporte Premium) cun seguro específico (49 euros/ano) para os equipos dos alumnos, que cubre todo tipo de incidencias excepto roubo/pérdida. (Non existe ningún outro proxecto parecido no resto do Estado)

 A ensinanza dixital non ten restriccións de tempo nin espazo, é permanente, dispoñible a calquera hora, en calquera momento, en calquera lugar. A ensinanza dixital elimina todas estas barreiras.

Cada profesor/a individualmente decide a qué nivel se implica neste proxecto de educación dixital EDIXGAL:

- Cada profesor/a pode traballar coas editoriais (das integradas no programa e que cada vez irán a máis) que queira en cada momento: cunha editorial, con dúas, con tres, con catro … ou con ningunha.
- Dentro do proxecto, na súa propia materia cada profesor/a decide canto tempo lle adica ao traballo en dixital e canto tempo traballa con material impreso.
- Cada profesor/a, individualmente, decide que partes utiliza do proxecto e que partes non.

Indudablemente sobre estas cuestións "cada maestrillo ten o seu librillo", pero o feito de poder traballar con ou sen editoriais, con ou sen uso do ordenador na aula (seguimos lendo, falando e usando a libreta),... non impide uso de recursos ilimitados, material elaborado por cada un (que sempré e´mellor que o de calquera editorial,... coa garantía de que TODO o alumnado (e profesorado) implicado no proxecto ten soporte informático en todo momento.

Haberá que mellorar (como en todo) pero estamos convencidos de que as tecnoloxías están para quedarse en EDUCACIÓN e deben ser asimiladas como un isntrumento máis dentro da nosa didáctica cotiá. Con ese convencemento comezamos o día a día e animamos a TODS a participar!

O que necesita unha aclaración é o tema dos LIBROS DE TEXTO, porque estase a difundir información errada. 

No caso dos LIBROS DE TEXTO, as axudas se destinan a un máximo de 6 libros de texto por alumno/a. É dicir, non teñen axudas para todos os libros de texto de todas as materias, senón que teñen axudas para un máximo de 6 materias. Polo tanto, se xa teñen 6 materias gratuítas (en EDIXGAL) en ningún caso poden acceder a máis axudas.

 EN CONSECUENCIA: Afirmar que polo feito de entrar en EDIXGAL quedan sen axudas para libros de texto non é totalmente correcto, xa que EDIXGAL proporciona os libros dixitais gratuítos para 6 materias, que son exactamente o mesmo número de materias gratuítas que terían se non estiveran en EDIXGAL

SEMANA DO 8 DE MARZO

As desigualdades son un problema que nos afectan a TODS. O feito de distinguir unhas datas e outras serve para focalizar, sensibilizar e poñer solucións (na medida das nosas posibilidades e do noso momento) a estas situacións que aínda debemos padecer nas nosas modernas sociedades. 

O traballo do alumnado que cursa as materias de Filosofía quere contribuir a esta sensibilización cun traballo en feminino sobre as rúas da nosa vila. Un pequeno recordatorio de traballos anteriores (un do propio centro de contido xenérico de rúas e outro institucional sobre as recentes) e difundilo por canles diversas. Unha forma de aprender a usar novos rexistros pedagóxicos e tamén para poñer en valor as ideas e o traballo de todos os e as que consideramos que o Feminismo debe ser un principio e un obxectivo acadable nas nosas vidas. Da visita de Cris Andina e da súa exposición só podemos deixar esta testemuña, pero en breve teremos algo máis.

Outras conmemoracións nestes días teñen que ver coas Mates e cos dereitos dos consumidores, e sobre elas xa adxuntaremos comentarios. Tamén imos ter durante esta semana unha exposición do CEIDA sobre a bolboreta Monarca. Algunhas das nosas alumnas (4º ESO) xa estiveron nela porque os contidos relativos ao Systema Naturae de Linneo pertencen ao seu ámbito de estudo.

TRABALLOS PARA O 37 CONCURSO EDUCATIVO ONCE

O pasado 26 de febreiro rematou o prazo para a presentación de traballos para o concurso da ONCE ConexiÓN / AdicciOFF, e amosamos aquí os 6 traballos presentados polo noso alumnado. Estarán expostos na zona de cafetería durante as vindeiras semanas...

ONCE 37 CONCURSO EDUCATIVO

O mundo dixital, as novas tecnoloxías e Internet, reveláronse como ferramentas valiosísimas e extraordinarias. A tecnoloxía educa, informa, entretén e mellora a calidade de vida das persoas, con e sen discapacidade. É importante valorar os seus beneficios e tamén ser conscientes dos seus riscos, sobre todo entre nenos e adolescentes. O 37 Concurso Educativo da ONCE propuxo o tema ConexiÓN/AdicciOFF para concienciar ao alumando en particular, e á sociedade en xeral dos riscos e desventaxas que o mal uso das novas tecnoloxías pode acarrexar ás nosas vidas.

Segundo o seu nivel, o alumnado debe deseñar algúns dos elementos dunha campaña publicitaria de sensibilización co lema: “ConexiÓN / AdicciOFF. Isto non é un xogo”, que conteña a mensaxe de que a tecnoloxía é a nosa aliada sempre que fagamos un uso responsable da mesma, e non un abuso que pode implicar riscos e consecuencias non desexadas. O prazo de entrega de traballos remata o 26 de febreiro, así que iremos subindo aquí as propostas do alumnado e as audiodescricións.

ÁNIMO! Temos tempo aínda e hai ideas moi boas....

Os traballos presentados polos grupos que impartimos son os seguintes:

1º ESO A. Paula Conde Carrelo

SAE DA NUBE, COMPARTE A LIBERDADE

 

4º ESO B. Gabriela García Dacal

LA TECNOLOGÍA TIENE DOS CARAS

 

4º ESO Estela Veiga García

NON FAGAS DA TECNOLOXÍA A TÚA FORMA DE VIDA

4º ESO A Belén Mon Díaz

LA TECNOLOGÍA ES EL FUTURO, STOP USO EXCESIVO

 4º ESO Estefanía Fuyan López Picos

SIN LA ENERGÍA NO SOMOS NADA, APRENDE A UTILIZARLA

 

4º ESO Jennifer A. Martínez

LA TECNOLOGÍA ES UN JUEGO AL QUE A VECES DEBEMOS PONER FRENO

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA (11 de febreiro)

Esta conmemoración serve para lembrar o papel fundamental que teñen as mulleres e as nenas na ciencia co obxectivo de fomentar a súa participación de forma plena e equitativa. 

As iniciativas para esta celebración desde o Ministerio de Ciencia e Innovación podedes seguilas neste ENLACE.

Outra publicación institucional que utilizamos, e que volveremos utilizar en menos dun mes, será a adicada a Investigadoras, innovadoras e académicas que fixeron Historia: Ellas hicieron Historia.

Tamén podedes ampliar información na páxina web das NACIÓNS UNIDAS, na sección dos días internacionais.

Nas aulas, as nosas embaixadoras junior levan a cabo unha difusión de moitas das mulleres que ao longo da historia deixaron a súa pegada no progreso da Humanidade, e difunden estes pasos para que sirvan de acicate ás novas xeracións e como alicerce dun futuro en igualdade.

Recollemos tamén actividades que dende fai moitos cursos vimos realizando cos distintos grupos e nas distintas materias do departamento.

        

Aproveitamos un pequeno "roubo" ao departamento de Bioloxía e rebotamos tamén esta páxina de animación de "La mujer en la ciencia", 9 biocomicpics que podemos comentar en calquera clase, ou cando esteamos de garda, ou coas nosas titorías....

Unha actividade máis: Adxuntamos unha serie de enlaces dunha miniserie de 10 episodios (2-3 minutos cada) que utilizamos en clase para falar sobre o tema da Muller na Ciencia, e que presentamos baixo o título:

    MAMÁ.... QUERO SER CIENTÍFICA...  

Epidemióloga: 

  Matemática:

  Comunicadora científica:

 Inxeñeira biomédica:

 Investigadora clínica:

  Investigadora farmacéutica:

  Inxeñeira informática:

  Inxeñeira en robótica:

  Inxeñeira de tecidos:

 Inxeñeira textil:

NOVOS TEMPOS, NOVAS ACTIVIDADES

Entramos en tempo de Entroido. Mentres mantemos costumes e tradicións de temporada, seguemos realizando actividades que xa son constantes de moitos cursos anteriores. Unha vez máis estamos ás portas da REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO,

e queremos presentar a nosa traxectoria para que nos inclúan no seu tecido cooperante e social, e tamén queremos respaldar a iniciativa de fomento da investigación científica entre as nenas defendendo e espallando a campaña de No More Matildas que se presentou o 8 de febreiro e que recollemos neste enlace:

#NoMoreMatildas

E serán precisamente as nosas embaixadoras junior as que nos manteñan informados sobre todo o relativo ás noticias da UE e tamén de difundir e defender a igualdade por diante de calquera cuestión ou criterio. Por esta e por outras razóns somos ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO.

Estamos tamén ultimando os debuxos que o 37 Concurso Educativo da ONCE, presentaremos dentro da campaña de Fomento do uso responsable da tecnoloxía. Publicaremos os debuxos como recoñecemento aos creadores e creadoras.

 

DÍA DA PAZ E SESIÓN AUTONÓMICA DO MEP

(6 de febreiro) Durante este mes que levamos de clase do recén estreado e pandemiado 2021 o alumnado do centro segue a traballar dilixentemente e segue tamén realizando as actividades que xa son clásicas no departamento aínda que de forma novedosa.

  A semana anterior e posterior ao sábado 30 de xaneiro (DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA) o alumnado de Filosofía traballou sobre símbolos, protagonistas, premios Nobel e outros aspectos significativos desta data. En breve faremos público algún traballo que intenta recoller parte deste proxecto que o alumnado segue defendendo. lembrade que o 2021 é o ANO INTERNACIONAL DA PAZ E DA CONFIANZA, e tendo alumnas parlamentarias podedes ler a resolución das Nacións Unidas, e incluso pedirlles a elas que vos expliquen convenientemente eses contidos de linguaxe parlamentaria...

 

Tamén esta fin de semana, o venres e o sábado, as catro alumnas seleccionadas para a participación na II Sesión do Modelo de Parlamento Europeo aportaron todo o seu bo facer nesta singular edición do MEP. Un formato máis estresante e que nos privou de experiencias como as dos anos anteriores, pero que segue mantendo un nivel educativo, académico e social moi elevado. A súa participación foi brillante e tanto nas preguntas como nas respostas souberon presentar as súas ideas con racionalidade e boa argumentación. Unha pequena mostra deste formato virtual podedes vela nos documentos gráficos que acompañan a noticia.

(10/2/21) Artigo de El Progreso sobre as xornadas desta II Sesión e o programa MEP.

(12/12/21) Publicación en AMARIÑAXA

(10/2/21) Publicación da actividade en Cronica3.com.

(11/2/21) Publicación da actividade en La Voz de Galicia.

Ceremonia inaugural da II Sesión Autonómica do Modelo de Parlamento Europeo

MODELO DE PARLAMENTO EUROPEO 2021

Un curso máis participamos na II Sesión Autonómica do programa Modelo de Parlamento Europeo que, baixo os auspicios da Fundación san Patricio, organiza o colexio Manuel Peleteiro de Santiago.

4 alumnas de 1º BAC (Elisa Otero Rodríguez, Helena Asensio Bande, Patricia Izquierdo Sampedro e Carme Lago Fernández) presentaron traballos de temática europea e foron elixidas para participar nesta II Sesión Autonómica do Modelo de Parlamento Europeo, que se celebrará en sesións virtuais o venres 5 de febreiro (de 9 horas a 19:30) e a mañá do sábado 6 de febreiro (de 9 horas a 14:30).

Este é o resumo das xornadas de traballo:

II Sesión Autonómica do Modelo de Parlamento Europeo

ARTIGOS DE OPINIÓN: LA VOZ DE LA ESCUELA

Co novo ano publicáronse en La Voz de Galicia os gañadores e gañadoras do Certame de periodismo xuvenil que todos os cursos promoven desde dito xornal. A nosa representación non conseguiu premio, pero os artigos merce a pena lelos, e os achegamos nesta páxina coa máis sinceira noraboa pola reflexión e o talante cos que foron escritos. Marta Ortiz González e Helena Asensio Bande, de 1º BAC B, demostraron sagacidad, reflexión e coñecemento cos temas escollidos e converteron o seu pensamento en actividade crítica para todos nos. Lede pois e comentaremos cando queirades....

 

BO NADAL E SAUDABLE 2021

Cos nosos mellores desexos.... Imos rematar as clases por este ano 2020, e queremos facelo coa confianza e coa esperanza de que seremos capaces de superar calquera adversidade, e de que teremos a forza suficiente para levar a cabo o que nos propoñamos, a pesar das dificultades e dos atrancos que as circunstancias e os "outros" se empeñen en colocar diante do noso futuro. Son malos tempos pero son os tempos que nos tocan, así que deixemos que os recordos nos animen e volvamos con toda a forza a plantar cara ao 2021...

Estes son algúns dos bos desexos que compartimos hoxe (co grupo de alumnas de FILOSOFÍA 4º ESO, que son tamén embaixadoras Junior do Parlamento Europeo), co grupo de 1º BAC B (que son a miña titoría), e algún outro que quedou moi moi atrás....

BO NADAL E SAUDABLE 2021!!!!

Pero temos outras...

E un testigo antigo da nosa historia....

CON TODA EDUCACIÓN....! que tanta falta fai nestes tempos....

 

Distribuir contido


by Dr. Radut