Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2021- Certame Biblioteca Viejo Pancho

 A alumna do noso centro Marta Ortiz resultou gañadora do Certame que convoca a Biblioteca Viejo Pancho con motivo do Día das Letras Galegas  na modalidade de Narración na categoría de 12 a 16 anos. A entrega de premos tivo lugar no transcurso da Feira do Libro do concello de Ribadeo.

O tema proposto esta edición foi “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural”. O seu traballo, premiado a nivel local, participará na fase provincial do Certame. No seguinte enlace podedes acceder á narración. Noraboa, Marta!

 

SEMPRE NO PRADO

 

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS.

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, o Equipo de Dinamización Lingüística editou un autocolante relacionado con Xela Arias deseñado pola profesora Chus Colmenero. Imprimíronse 500 exemplares para repartir entre toda a comunidade escolar.

Así mesmo, o EDL imprimiu marcadores de lectura relacionados coa autora homenaxeada, aproveitando a proposta de deseño que a RAG puxo a disposición da cidadanía en xeral.

Novos audios na RADIOIES Ribadeo!

Publicamos novos audios no podcast de Teresa González Piñeiroa, profesora da materia Igualdade de Xénero. Enlazamos á RADIOIES Ribadeo estas entrevistas feitas polo alumnado de 1º ESO que forman parte do proxecto coeducativo da materia.

Participación na 37 edición do Concurso Escolar ONCE "ConexiÓN AdiciOFF. Isto non é un xogo".

Esta actividade enmárcase dentro dos Contratos Programa, nos Proxectos INCLÚE-T e CON-VIVE, xa que aborda a inclusión no ámbito educativo das persoas con diversidade funcional, as melloras na súa accesibilidade como factor imprescindible para unha inclusión real, información sobre as normas de ciberseguridade e protección de datos no uso de recursos tecnolóxicos e a prevención de condutas graves, derivadas dun mal uso das TIC, que afectan gravemente á convivencia no ámbito educativo e na sociedade.

Un dos proxectos presentados ao concurso, na categoría C (Secundaria e FP básica), resultou gañador na Fase Provincial, así que pasamos á seguinte, a Fase Autonómica.
O grupo de alumnado, de 1º ESO C, que traballou neste proxecto está integrado por: Joaquín Carballo, Sara Lamelas, Ángel López, Ahinara Núñez, Iker Veiga, Sara Vijande e Celia Villarino.
Coordinou a actividade a profesora Sofía Acevedo Fernández.
O premio, correspondente a esta fase provincial, consiste nun conxunto de tres lentes para smartphone.

O alumnado realizou un mupi, deseñado para unha marquesiña de autobús, relacionado co uso responsable da tecnoloxía, evitando o abuso da mesma. O cartel está acompañado dun slogan e inclúe unha audiodescrición para facilitar a accesibilidade das persoas con diversidade funcional.

Participación na VIII Marcha Eco-Solidaria da Fundación EDES.

Esta actividade foi realizada o sábado 17 de outubro de 2020, entre as 10:00 e as 20:00 horas, en formato non presencial polo escenario actual da pandemia. O obxectivo foi sumar kilómetros a pé, correndo, en bicicleta,... dende calquera lugar, para lograr o reto común: acadar o total de kilómetros que realiza o transporte de verán do seu centro de ocio: 9.000 kilómetros! As persoas participantes do noso centro, profesorado e alumnado, aportamos un donativo voluntario como colaboración coa Fundación.

Esta actividade enmárcase dentro dos Contratos Programa no Proxecto INCLÚE-T, unha liña que promove a inclusión educativa e social de todo o alumnado no centro educativo, dende a sensibilización, e colaborando con asociacións e fundacións relacionadas coa diversidade funcional.

ACTIVIDADES DÍA DE EUROPA 2021

DÍA DE EUROPA NO IES RIBADEO, ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO

 O IES Ribadeo Dionisio Gamallo, como unha das 6 escolas galegas Embaixadoras do Parlamento Europeo e coa coordinación do departamento de Filosofía está levando a cabo estes días actividades con motivo do DÍA DE EUROPA, que nesta ocasión coincide en domingo. Algunhas destas actividades tiveron lugar durante a mañá do 22 de abril cando alumnas da materia de Filosofía participaron na V Asamblea de Aragón Modelo de Parlamento Europeo na que se preguntou ao alumnado ¿Como resolverías os principais problemas dos adolescentes nesta época de pandemia?, e que xuntou a máis de 200 alumnos e alumnas de 20 centros de toda España.

Tamén durante estes días distribuímos MAPAS EUROPEOS por diversas aulas e espazos comúns do centro e enviamos aos colexios da zona (Ribadeo, Trabada, San Cosme de Barreiros e San Miguel de Reinante), para animalos a participar na conmemoración do DÍA DE EUROPA e de paso coñecer os elementos básicos que nos unen, que nos diferencian e que en definitiva enriquecen a nosa sociedade. Tamén nas zonas comunes do centro distribuimos carteis e posters informativos sobre a moeda única e os países que compartimos o €.

 Do luns 26 ao venres 30 de abril, e coincidindo con la celebración da Semana de Acción Mundial pola Educación levamos a cabo unha actividade deportiva, en colaboración co departamento de Educación Física, e organizada por SAVE THE CHILDREN chamada KILÓMETROS SOLIDARIOS. O alumnado acumulará quilómetros a través dunha aplicación e buscará apadriña- e amadriñamento en función dos quilómetros que fagan. Desta maneira respectaremos todas as medidas sanitarias establecidas, incentivaremos a actividade física entre o noso alumnado e promoveremos a defensa da Educación en todos os ámbitos da nosa comunidade, sobre todo para os máis desfavorecidos.

 Desde o luns 26 de abril estará exposta na entrada do centro a exposición Francesc Boix: O fotógrafo de Mauthausen, que conta tamén cunha documentación fílmica que pode ser visionada no salón de actos. Divulgaremos esta exposición desde os nosos espazos web e redes sociais.

 O xoves 6 de maio tivemos dous Talleres ERASMUS en colaboración con Europe Direct A Coruña, Erasmus Student Network e as Escolas Embaixadoras e Mentoras do Parlamento Europeo en Galicia e as escolas Sénior. Estes Talleres queren achegar aos futuros estudantes universitarios e/ou de ciclos os programas ERASMUS co fin de visibilizar as moitas e variadas oportunidades de formación, a través da colaboración das entidades locais con proxección europeísta, e promover actividades conxuntas entre as Escolas Emabixadoras do Parlamento Europeo.

Durante o recreo do venres 7 de maio, proxectaremos VIDEOS SOBRE A UNIÓN EUROPEA que en cursos precedentes levaron a cabo alumnos e alumnas do centro nas materias de Filosofía e na optativa EUROPA de 1º BACH; tamén aproveitamos para divulgar noticias sobre o PARLAMENTO EUROPEO no taboleiro no mesmo lugar, e de forma virtual no espazo TWITER @Cosmopolitas1. Tamén queremos compartir desde as nosas páxinas os diferentes xogos, kahoots e outras actividades de contido directamente relacionado co noso posto en Europa e con información sobre a Unión Europea e as institucións que a compoñen. O venres 7 de maio participamos tamén nunha actividade virtual do SEPIE sobre os novos proxectos ERAMUS+ 2021-2027.

Desexamos que estas actividades contribúan a normalizar e potenciar os valores europeístas, solidarios e democráticos que a sociedade necesita, e favorecer así o progreso pacífico que nos permita construír a Europa do mañá, o Mundo da cidadanía universal.

CRONICA3.COM

 Taller ERASMUS con EUROPE DIRECT A CORUÑA e ERASMUS STUDENT NETWORK da USC

Hoxe 6 de maio, dentro das actividades ao redor do DÍA DE EUROPA tivemos o noso primeiro taller sobre ERASMUS ás 09:30 horas da mañá co alumnado de 4º ESO da materia de Filosofía e un grupo de alumnos e alumnas de 1º BACH C.

ÁS 12:00 horas tivemos o 2º TALLE ERASMUS, esta vez co alumnado de 1º BACH B e o grupo de alumnos e alumnas da materia de Historia da Filosofía de 2º BACH.

 

XOGOS:

kahoot básico

kahoot sobre a UE

Mil grazas a Cris Andina!

Cris Andina, fotógrafa ribadense especializada en concertos e autora de exposicións tan recoñecidas como “Música dende esta beira do Atlántico” ou “Outra pel, outro rostro” estivo no noso centro impartindo unha charla para celebrar o 8 de marzo e prestounos boa parte da súa exposición “Olladas de Muller” da que levamos desfrutando dende aquela.

Ademais, Cris, que pertence á MIM (Mulleres na Industria Musical) e leva dende o 2010 recollendo coa súa cámara boa parte do que se coce nos escenarios decidiu que nos quería regalar unha das fotografías,  xa que este foi o seu Instituto. Pareceunos oportuno que o decidira o alumnado e así o fixemos. De feito, durante este tempo realizáronse as votacións a través das titorías e resultou gañadora a fotografía da cantante de moda Rosalía que a partir de agora teremos exposta no noso centro.

Polo tanto, mil grazas dende o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, Cris! Aquí tes a túa casa e algo da túa obra...

Ninguén morre mentres sexa recordado...

Estes son días tristes no IES Ribadeo Dionisio Gamallo: o noso compañeiro Emilio Piñeiroa Lozano faleceu cando aínda lle quedaba moita vida por diante. Os que tivemos a sorte de coñecelo, sabemos que era un excelente compañeiro, moi boa persoa e un MESTRE para moitas xeracións. A Comunidade Educativa quere manifestar o seu sentir por esta perda e as condolencias a toda a súa familia e amigos.

Emilio seguirá presente entre nós por tantos recordos, polas rutas de sendeirismo e bicicleta do concello de Barreiros e tamén polo importante legado en forma de publicacións sobre temas históricos relacionados coa Mariña Oriental, coma por exemplo “Nosa Sra das Virtudes da Ponte”, “O megalitismo en Trabada”, “Os muíños de vento de Ribadeo”, “Os pombais do concello de Barreiros” e “Pegadas da Prehistoria de Ribadeo” entre outras.

Ninguén morre mentres sexa recordado...

Susi Besteiro Cabanas (Directora do IES Ribadeo Dionisio Gamallo).

RADIOIESRIBADEO, inauguración

Un curso máis, o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo participa en Contratos Programa en distintas liñas. Unha delas é Eduemociona, que ten como finalidade favorecer estratexias que potencias a intelixencia emocional, a autoestima, a empatía, a superación e o autocontrol. Entre as medidas concretas e desenvolver está iniciar o proxecto de Radio Escolar "RadioIESRIBADEO", xa que este curso contamos coa axuda do profesor Fernando Losada, que coñece ben o tema e participou en proxectos parecidos noutros centros.

Na nosa web xa está habilitado un espazo adicado á "RadioIESRibadeo" para difundir entre toda a comunidade educativa as actividades do día a día. Dámola por inaugurada coa entrevista á fotógrafa ribadense Cris Andina, feita polo alumnado de 1º de Bacharelato coa axuda da profesora María Ron aproveitando a súa visita ao centro para impartir a charla "Olladas de Muller" en conmemoración do 8 de marzo.

Tamén se pode escoitar un podcast sobre Emilia Pardo Bazán feito pola profesora Laura Berciano co alumnado de 3º ESO e en breve subiremos as entrevistas con: "Mª Antonia Yáñez Iglesias, a Avoa Mariscadora" e con "Laura Vallejo", realizadas polo alumnado de 1º ESO na materia de Igualdade de Xénero dentro do proxecto coeducativo "Os meus referentes" dirixido pola profesora Teresa González Piñeiroa.

Finalmente, queremos agradecerlle a Andrés Bermúdez, alumno de 1º de Bacharelato a composición que fixo para ser empregada como jingle e sintonía da nosa radio.

Animádevos a participar na RadioIESRIBADEO!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut