Skip to Content

Filosofía

Clase virtual MARTES 11:00 horas 2º BACH

MARTES 24 de marzo, as 11:00 horas teremos unha cita na Aula Virtual de Filosofía. Un encontro para equilibrar esforzos, resolver dúbidas e contestar algunha cuestión que vos poidera xurdir ao longo destes días. Revisaremos o primeiro dos textos de Marx, seguindo o esquema pautado.

Grazas pola vosa asistencia! Unha boa conversa filosófica! Máis de unha hora de traballo ben aproveitada!

Seguiremos estudando e resistindo con Filosofía.

Saúdos e saúde!

... Seguimos con Filosofía...

 

Domingo 21 de marzo, 2020

 Cumprimos un tempo de cuarentena, e parece ser que aínda deberemos prorrogala máis alá do previsto. Dadas as actuais circunstancias lembrade a necesidade de manter unha rutina e unha estrutura de traballo diaria.

 O alumnado de secundaria ten material na plataforma de EDIXGAL, e nos contidos xa comentados. Para o alumnado de Bacharelato na AULA VIRTUAL seguen os contidos de repaso e actualización. Lembrade a necesidade de manter o espírito activo, constante e ben estruturado. Repartide o tempo e o espazo (formas a priori da sensibilidade) e subide os traballos. Non supón moito esforzo, e é necesario.

A Filosofía se contaxia pero non polo malo.... por esta razón debo lembrarvos que tedes material dabondo na AULA VIRTUAL, e tamén comunicación direta co profesorado. CALQUERA CUESTIÓN, PREGUNTA, DÚBIDA,... podedes facela chegar diretamente e a resolveremos pronta, dilixente e asepticamente. 

 Ánimo e un saúdo para TODS....!!!

  Que a FILOSOFÍA VOS ACOMPAÑE!!  

 Podedes botar un ollo aos contidos (de recente creazón) de todas as materias e de moitos niveis: AULAS GALEGAS. Aí tedes por exemplo, un video explicativo sobre como afrontar un comentariode textos de filosofía... nada novo para vos, pero sempre é interesante que cho conte outro, e así poder comparar. Xa contaredes!!!!

 

ATENCIÓN AO ALUMNADO CON MEDIOS NON PRESENCIAIS

 CONTINUIDADE DO TRABALLO ESCOLAR PARA AS MATERIAS DE FILOSOFÍA

 O dpto. de Filosofía continúa o seu traballo docente de forma virtual, segundo as instrucións enviadas aos centros (13 marzo).

A prioridade está co alumnado de 2º BAC, e por esta razón o repaso do bloque de contidos referente aos temas de Kant, e os comentarios de textos de Marx e Nietzsche está na aula virtual.

Para o alumnado de 1º BAC de Filosofía e da materia Europa, a tarefa sobre os temas explicados en clase tamén está a disposición do alumnado na aula virtual, e foi comentado xa o derradeiro día de clase.

Para o alumnado da ESO, 1º e 2º , materias de Valores éticos e Valores democráticos europeos teñen o material de EDIXGAL, e dispoñen tamén do traballo de resumo e comentario sobre o video de HISTORIA DO FEMINISMO, que xa foi visionado en clase.

O alumnado de Valores éticos de 3º ESO debe facer un traballo de investigación sobre os temas xa propostos de 3 páxinas máximo, Arial 14, interlineado 2, cunha opinión persoal da metade da última páxina.

Está habilitado tamén un foro para posibles preguntas e respostas, tanto grupal como individual, e o alumnado dispón de correo do profesor de ditos grupos.

Desta forma damos continuidade ao noso labor educativo, e mantemos os obxectivos coa constancia e rutina necesarios e acordes co horario que impartimos, e que pretendemos manter a pesares das difíciles condicións que a situación global nos obriga a vivir.

Periodismo nas aulas

Hoxe un artigo de La Voz de Galicia faise eco da nosa futura participación no novo proxecto de Perodismo na Escola que están levando a cabo desde este mes de marzo e que rematará co curso escolar. Outra forma diferente de traballar cos xornais na escola, e co poder da información e da reflexión para motivar conciencias e formarse como cidadáns do mundo que nos toca vivir. 

O noso tema ademais trata a INCLUSIÓN, un concepto fundamental para a convivencia, e que ven sendo posto en tela de xuízo por moitos colectivos que consideran chegado o momento de apostar por cambios máis radicais, fortes e definitivos. Analizaremos algunhas das características e das compoñentes de este tema, e intentaremos ofrecer unha visión positiva das vantaxes dunha sociedade inclusiva, democrática e tolerante. Non pode haber un futuro positivo se plantamos a semente da violencia, da exclusión, da segregación ou da diferenza entre clases e persoas. Agardamos polos vosos comentarios e polas vosas suxerencias, apoios e axudas para contribuír a este fin.

DIPLOMA DE PARTICIPACIÓN Concurso Escolar ONCE

Completada xa a fase provincial de participación, e á espera do resultado do xurado (13 de marzo), recibimos con orgullo o DIPLOMA DE PARTICIPACIÓN no 36 Concurso Escolar ONCE que este curso ten como tema a INCLUSIÓN. Un concepto que seguiremos traballando desde outras perspectivas e que compartiremos con todos vos nos vindeiros meses. Por un mundo máis tolerante, máis igualitario e máis inclusivo.... Grazas!

DIPLOMA DE PARTICIPACIÓN ONCE

Estudiantes periodistas en La Voz de Galicia

Dende o 4 de marzo ata o final de curso 20 centros de toda Galicia participan nun novo proxecto educativo de prensaescuela. Cada centro presentará unha reportaxe sobre un tema elixido polo alumnado e profesorado participante e sairá publicado os mércores segundo un calendario xa establecido. Esas noticias serán valoradas pola comunidade educativa e ao remate do proxecto unha delas resultará seleccionada para seren publicada en edición normal do xornal.

Esta proposta foi publicada o venres 14 de febreiro en La Voz de Galicia.

Un grupo de alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato, coordinados polo profesor Manel Yáñez, profundará sobre o tema da INCLUSIÓN, unha resposta cada vez máis necesaria ante as actitudes intolerantes de parte da sociedade, e tamén como elemento unificador fronte á negación da diversidade como factor positivo do noso progreso como persoas. Entrevistas, conceptos, datos e reflexións que de seguro fomentarán a reflexión e o diálogo formativo entre o noso alumnado. Un paso necesario na nosa formación como ciudadanía positiva e crítica.

36 CONCURSO ESCOLAR ONCE: A MIRADA DE TOD@S

O 36 CONCURSO ESCOLAR da ONCE trata esta vez o tema da INCLUSIÓN. 4 clases participan na fase provincial do concurso a través do traballo do seu alumnado. Tivemos que estudar o concepto de INCLUSIÓN, o significado das bandeiras, dos símbolos que usamos para comunicarmos, das cores que asociamos a sentimentos, emocións e pensamentos e conxugar todo isto para expresar a nosa idea a través de todos estes elementos. O resultado foi acadado por 4 grupos dun total de 6 nos que se imparte clase de VALORES ÉTICOS e VALORES DEMOCRÁTICOS EUROPEOS.. Ademais, tiveron que gravar unha audiodescrición na que explicaran o porque das súas eleccións. E aquí tedes a representación gráfica do seu esforzo....

         

          

Os debuxos, segundo a orde natural son de:

2º ESO B. Patricia Pérez López.

2º ESO C. Ángel Muiña López.

3º ESO B+C. Cristina Álvarez Rey, Lucía Miranda Santamarina, Nihad Selouane Benmoussa.

O alumnado de 1º BACH da materia de EUROPA creou un himno que titularon "DEJA QUE SEA YO".

Grazas a todos por implicarse nun labor educativo e integrador tan necesario e acuciante hoxe en día como é o tema da IGUALDADE e da INCLUSIÓN. 

Valores ecolóxicos: COIDANDO O NOSO MAR (CEIDA)

Do 13 de xaneiro ao 3 de febreiro o noso centro acollerá unha exposición que ten como obxectivo a divulgación dos problemas medioambientais presentes na nosa sociedade. Esta nova exposición titúlase “Coidando o noso mar” e está organizada polo departamento de Filosofía en colaboración co de Bioloxía, dentro das actividades programadas para o curso 2019-2020 en torno a Crise Climática do mundo actual.

Leer cronica3.com PDF

 

I Sesión Autonómica Modelo de Parlamento Europeo (29-30 nov-2019)

O venres 29 e o sábado 30 de novembro tivo lugar a I Sesión Autonómica Modelo de Parlamento Europeo en Santiago de Compostela. O noso alumnado participou nestas xornadas aportando a súa visión sobre 4 temas de actualidade de política europea.

A xornada do venres transcurriu integramente no Colexio Peleteiro; alí, o alumnado tivo as reunións por comisións nas que debateron os temas propostos nesta convocatoria, e a partires das 18:30 cada grupo reuniuse co seu profesorado para preparar as estratexias na sesión final que tivo lugar no Parlamento de Galicia.

  • El papel de la UE frente al cambio climático. Defendido pola alumna LUCÍA FERNÁNDEZ LÓPEZ
  • Estrategias de la UE ante el envejecimiento demográfico. Defendido pola alumna VIOLETA CARRERO ISLA.
  • Las bitcoin y la ingeniería económica. Criptomonedas o tecnología blockchain. Defendido polo alumno JUAN MANUEL VEGA VÁSQUEZ.
  • La trata de seres humanos. Defendido pola alumna CLAUDIA VILLAPOL DUARTE.

A clausura estivo presidida pola secretaria da Mesa do Parlamento dona Raquel Arias Rodríguez, que xunto ao presidente do Board MEP España don Ramón Rodríguez Magán, ao director do colexio Peleteiro don Luis Peleteiro Ramos e ao profesorado seleccionado, despediron unha xornada repleta de debate, propostas e consenso democrático.

Podedes ler a noticia en Cronica3.com, La Voz de Galicia (30-11-19) e en La Voz de Galicia (1-12-19).

Máis FOTOS

21 de novembro. DÍA DA FILOSOFÍA

3º xoves Novembro: DÍA MUNDIAL DA FILOSOFÍA


Desde o 2002 vimos celebrando esta efeméride, e sería no 2005 cando a UNESCO, a petición do Reino de Marrocos ratificou a necesidade de promover a Filosofía en todo o mundo.

Neste 2019 o tema proposto é resaltar a importancia da Filosofía a nivel rexional, para que desde este ámbito podamos contribuir aos problemas e desafíos mundiais como a migración, a radicalización, a intelixencia artificial e as ameazas sobre o medio ambiente

A Filosofía pode facer muito para axudar a resolver os problemas mundiais.Nas redes sociais  poderedes contribuir a esta efeméride co hashtag #DiaMundialDeLaFilosofia

A nosa contribución nesta data podedes coñecela neste enlace....

FILOSOFÍA PARA XOVES

ou en Cronica3.com ou en La Comarca (23/nov/19)

Distribuir contido


by Dr. Radut