Skip to Content

Filosofía

Solidariedade co Nepal

Dende as distintas materias do departamento de Filosofía quixemos amosar a nosa solidariedade co pobo de Nepal levando a cabo unha actividade proposta por UNICEF e sumarmos á REDE DE ESCOLAS SOLIDARIAS CO NEPAL, colocando no alto do noso centro unha bandeira de plegaria. Este xesto simbólico non é máis que un modo de sensibilizar a toda a comunidade da importancia da axuda e colaboración entre os pobos, máxime en situacións de catástrofes. 

Desta forma o alumnado de 1º, 2º ESO e 4º ESO xuntaron folios coas cores dos elementos naturais que as súas crenzas consideran positivos para a súa vida, e esperamos que estes bos desexos os axuden para recuperarse desta situación que están vivindo.

A unidade didáctica que UNICEF propón na súa páxina tamén foi traballada polo alumnado e así puidemos coñecer máis de cerca a súa xeografía, costumes, crenzas, situación socio-política,... e tamén nos adentramos no mundo da natureza e os seus cambios e transfomacións que tan brutalmente poden afectar ó ser humano.

Coordina a actividade o profesor Manel Yáñez, do departamento de Filosofía.

Solidariedade internacional

O alumnado de 4º da ESO participou nun Obradoiro de Solidariedade Internacional de Galicia, no que se traballou sobre os conceptos de "Política" e "Políticos" e elaboraron en plastilina a súa idea de representación.

Ademais, presentaron as súas ideas para mellorar a vila e tomar conciencia da importancia de preservar o público.

Queda aínda un novo obradoiro no que o alumnado presentará unha acción de incidencia política que contribúa a mellorar a incidencia no contorno.

Coordinou a actividade o profesor Manel Yáñez.

Solidariedade internacional

 

MÁIS IMAXES DA ACTIVIDADE NA NOSA GALERÍA

O día 19 de decembro, o alumnado de 2º de ESO participou nuns obradoiros impartidos por Solidariedade Internacional que teñen por lema VAIA TEA!, cos que se trata de sensibilizar sobre o consumo responsable.

Baixo o metafórico título de VAIA TEA! preténdese promover a reflexión e crítica entre a comunidade escolar galega do modelo de consumo actual, dar a coñecer as súas consecuencias inmediatas e as máis distantes, así como informar, formar e ofrecer recursos para exercer un consumo máis responsable e ético.

Onde e como se produce a roupa e o calzado que vestimos, que empresas idean e fabrican estes complementos, que consecuencias teñen estas producións masivas para os países onde se sitúan e para os seres humanos que se utilizan para elaboralos forn aspectos que o alumnado descubriu nestes obradoiros.

25 de novembro: contra a violencia de xénero

O 25 de novembro é o Día internacional contra a violencia de xénero. No noso centro non quixemos estar alleos a esta data a convidamos a comunidade escolar a que viñese con algunha prenda visible de cor lila, para que unha gran mancha lila puxese de manifesto o noso compromiso.

Proximamente poderedes ver varias fotos na nosa galería.

25 novembro: día contra a violencia de xénero

Distribuir contido


by Dr. Radut