Skip to Content

Introdución á Lingua e Cultura alemá

Hoxe mércores 8 de xuño tivemos a visita da profesora de alemán Blanca Sánchez Sampedro (EOI Ribadeo) que nos descubriu, de forma amena e instrutiva os moitos e variados coñecementos que temos de lingua alemá e tamén das similitudes e diferenzas coa cultura dos nosos veciños. Unha xornada moi animada que contou coa asistencia de parte do alumnado de 1º BAC dos 3 grupos que temos no centro (o alumnado máis interesado e responsable cos seus quefaceres e intereses). Durante hora e media paseamos por conceptos, lugares, protagonistas,... que son coñecidos e coñecidas por tods e que contribuiron, dalgunha maneira, ao benestar e progreso da Humanidade. Houbo tamén atrancos nesta evolución, pero deses igualmente queremos sacar leccións positivas. 

A vindeira semana continuaremos co noso periplo introdutorio cos grupos de secundaria, así que... preparade os voso recursos, poñede en activo o móbil,... e sigamos aprendendo, que aínda temos curso por diante!

   



blog | by Dr. Radut