Skip to Content

VIAXE DO ALUMNADO DE PORTUGUÉS A OPORTO

VER GALERÍA DE FOTOS

O Departamento de Portugués co obxectivo de promover un ensino-aprendizaxe en diferentes espazos, realizou unha visita de estudo co alumnado do 1.º de Bacharelato ao noso país-irmán, Portugal. Acompañounos de xeito altruísta  a profesora de Artes Plásticas María Jesús Colmenero Torres. Moitas grazas, Chus!
Trátase dun contexto de educación non formal que permite escapar da rutina diaria, alén diso son unha forma de que o alumnado coñeza novas realidades e perspectivas, co fin de consolidar coñecementos. A predisposición para aprender aumenta nun ambiente que se basea en actividades máis lúdicas.
As actividades mesturan visitas guiadas e momentos de lecer. Visitas realizadas a Oporto:
1. Fundación Serralves
2. Centro Portugués de Fotografía
3. Catedral do Porto
4. Mercado do Bolhao
5. Estación de Sao Bento
6. Torre dos Clérigos
7. Avenida dos Aliados
8. Rúa de Santa Catarina
9. Rúa de Miguel de Bombarda (galerías de arte)
10. Xardíns do Palacio de Cristal
11. Vila Nova de Gaia
12. Teleférico de Gaia
O obxectivo da viaxe é promover unha base pedagóxica subxacente, con ludicidade e co obxectivo de que cada estudante tire proveito de todas as actividades fóra do espazo do centro educativo, permitindo descubrir novas realidades abrir novos horizontes, estimular o coñecemento cultural, aumentar a predisposición a aprender, fortalecer os vínculos na relación docente / alumnado, fomentar a interdisciplinariedade, complementar o currículo escolar e desenvolver habilidades sociais.



page | by Dr. Radut