Skip to Content

Acción Pedagóxica – Visita de Estudo (Porto)

 

Fomentando a aprendizaxe en diferentes contextos, ampliando o coñecemento e o acceso á cultura, o alumnado do 4.º da ESO e do 2.º do Bacharelato do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, realizaron un traballo diferente: un ciclo de visitas de estudo na cidade do Porto. Entre os días 10, 11 e 12 de xaneiro tiveron a oportunidade de visitar puntos emblemáticos da cidade do Porto. A viaxe de estudo permitiu ao alumnado coñecer a riqueza histórica e cultural da cidade, aproveitando o bo tempo, tamén deron paseos polas rúas da Ribeira, de Vila Nova de Gaia, paseo en barco polo Douro, visita guiada á Casa-Museo Teixeira Lopes, unha visita apaixonante que testemuña a riqueza da colección reservada neste espazo.
Durante estes 3 días, as alumnas e os alumnos mostráronse emocionados e amosaron as súas dotes artísticas, cantando, dando vida e alegría aos turistas que pasaban.
Tamén houbo tempo para poñer en práctica todo o aprendido nas clases, falando coas persoas e coñecendo un simpático empregado de mesa nun famoso restaurante de francesinhas. Nunha acción curricular que favorece a confrontación de coñecementos nun contexto real, o alumnado continuou o seu percorrido pola cidade do Porto, facendo un percorrido que atravesou o centro histórico desta cidade. A xornada rematou coa visita a cidade de Braga, mergullándonos nun universo de cultura.
Con esta visita de estudo, o Departamento de Portugués potencia os recursos que destina ao coñecemento e amplía o abano de oportunidades ao servizo da aprendizaxe, asumindo o sue papel esencial na formación cultural que repercutirá na forma de ser do alumnado, en diferentes ámbitos das súas actuacións futuras, especialmente a nivel profesional e social.
Moitas grazas ao alumnado e moitas grazas ao profesor Manuel de Educación Física que nos acompañou.

 



page | by Dr. Radut