Skip to Content

Benvida

"As matemáticas non só poseen a verdade, senon a suprema beleza, unha beleza fría e austera, como a da escultura, sen atractivo para a parte máis débil da nosa natureza ..." (Bertrand Russell).

 

***

Sitio web do profesor Ignacio Larrosa Cañestro de actividades con GeoGebra:

(debe estar instalada a versión Java adaptada ao hardware e ao sistema operativo utilizados, e activados no navegador os plugins de Java)

Actividades con GeoGebra

 

***

"Deus, o Universo e todo o demáis", conversa entre Stephen Hawking, Carl Sagan e Arthur C. Clarke:

Enlace do vídeo

 

***

Importancia da aprendizaxe emocional por Jesús C. Guillén:

Autocontrol: un camino directo hacia el bienestar

 

***

 ¿ 2 + 2 = ... ?
Enxeñeiro: 3.9968743
Físico: 4.000000004 ± 0.00000006
Matemático: Espere, só uns minutos máis, xa demostrei que a solución existe e é única, agora estouna acotando...
Filósofo: ¿Qué quere dicir 2+2?
Lóxico: Defina mellor 2+2, e respondereille.
Contable: Tras pechar portas e ventás, pregunta en voz baixa: "¿Vostede, ... canto quere que sexa?"

 

***

Dúas pulgas (científicas) entre sí:
-¿Cres que haberá vida noutros cans?

 ***

 

Unha vez houbo un señor que tivo que viaxar en avión, e estaba moi preocupado pola posibilidade de que algún terrorista puxera unha bomba no avión. Moi inquieto, abrochou o seu cinto de seguridade, e preguntou á azafata:
- Señorita, ¿podería dicirme cal é a probabilidade de que haxa unha bomba no avión?
- "¡Oh, moi pequena!, pode estar tranquilo." responde a azafata.
- ¿E a de que haxa dúas bombas?
Co mellor do seus sorrisos a "aeromoza" contesta:
- Asegúrolle que a probabilidade desa situación é prácticamente nula.
O home reláxase cheo de beatífica paz, e sinalando ao seu maletín de man contesta:
- Algo así xa supoñía que ocurrise; por iso trouxen esta bomba comigo.
A continuación unha histérica gargallada percorreu o avión ata a cabina do comandante.

 

***

Un matemático está en África tentando apresar un león. Cando atopa un decide construír un valado arredor de sí, dicindo: "Defino este espacio como o exterior, e ... xa teño o león dentro".

 

***

 



page | by Dr. Radut