Skip to Content

Acollida do novo alumnado

O día 3 de xuño tivo lugar o acto de acollida do alumnado de 6º dos colexios adscritos, que vai vir para o centro o próximo curso.

A xornada comezou cunha xuntanza no salón de actos, onde o noso alumnado  axudante de 1º de ESO lles transmitiu unhas primeiras impresións sobre o instituto. 

Posteriormente, organizáronse en grupos e visitaron as distintas dependencias do centro (aulas, biblioteca, ximnasio, laboratorios, oficinas, ...), guiados polo noso alumnado, que lles ía dando as explicacións oportunas. A visita rematou cunha nova xuntanza, desta vez no patio, para xogar un pouco.

Esperamos que o alumnado de 6º marchase contento para os colexios e que o próximo curso veñan con agrado e ánimo para traballar e aprender.

Agradecemos a imprescindible colaboración do noso alumnado axudante de 1º de ESO:  Diego Alonso Lustres, Emma Astorga Manzanal, Marta Mª Calonge Peña, Alberto Dopico Fernández, Iria García González, Gonzalo Gegunde Vecino, Claudia Graña Fernández, María Carbajales Torviso, María Doural Maseda, Nerea Freije Calderón, Diego López Álvarez, María López Fernández, Amaia López Vivas, Jairo Ovide Fernández, César Franco Grandío, Aarón García Pérez, Andrea Piñeiro Palacios, Iria Santos López, Xiana Suárez García, Juan Manuel Vega Vázquez, Iria Vidal VegaEva Luyufeng Yáñez Izquierdo.



page | by Dr. Radut