Skip to Content

Física recreativa

O martes 23 de xaneiro, ás 11 da mañá, tivo lugar no salón de actos do IES unha charla e experiencias de Física Recreativa a cargo de D.José Benito Vázquez Dorrío, da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo
A charla foi presentando a visualización de diferentes fenómenos relacionados coa luz, a xeración e visión das cores. A ela asistiron alumnos e alumnas de bacharelato coa materia de Física e Física e Química, durante o recreo e a hora posterior.
José Benito Vázquez participa en diversos proxectos de difusión científica, sendo embaixador en España de Scientix, e coordinador do grupo internacional Hands on Science, a máis de participar noutros proxectos como Click on Physics. Ten sido director da ETS de Minas



page | by Dr. Radut