Os pasados 9-11 de maio tivo lugar a XIII Galiciencia no Parque Tecnolóxico de Galicia, en Ourense. Alí,
en Tecnópole, Alberto Dopico e Diego Alonso expuxeron o traballo Hai sesenta anos e hoxe, o clima en
Ribadeo. Dito estudo compara as principais magnitudes da temperie ribadense na década dos cincuenta do
pasado século e na última década. Os tres días pasados alí polos estudantes do IES de Ribadeo Dionisio
Gamallo completáronse coa visita ós outros traballos presentados (entre eles, outro da Mariña, do IES San
Rosendo de Mondoñedo, o ‘Proxecto Rebinxe‘, que na competición acadaría o primeiro premio). Tamén,
coa visita a talleres realizados sobre o cambio climático, o bañarse nas termas, unha visita a Ourense e outra
a Allariz.