Skip to Content

Lingua Galega

Outras actividades do 3eiro trimestre

Neste último trimestre fixemos varias actividades, fóra das centradas na semana das Letras. Estas foron:

- O estudantado de primeiro da ESO rematou o proxecto de investigación sobre o noso concello que resolveu na presentación dunha maqueta do Porriño con enlaces QR nos que se recollen os traballos de investigación sobre as nosas parroquias e algúns dos puntos de maior interese.

 

- O estudantado de primeiro da ESO fixo, xunto co departamento de Bioloxía, unha saída á beira do río Louro para encontrarmos as herbas de San Xoán, xa que estamos no mes homónimo.

 

- O alumnado de português fixo unha viaxe de estudos a Coimbra.

 

- O día 16 de xuño fomos de excursión ás Terras do Deza, a visitar o mosteiro de Carboeiro e a fervenza do Toxa.

Festa das Letras Galegas

Esta semana estamos a realizar diferentes actividades para celebrar a Festa das Letras.

FLorencio Delgado Gurriarán é unha mostra da importancia na nosa literatura e sociedade do exilio e da emigración. Para sermos conscientes da importancia desta realidade social no noso país realizamos unha exposición. O noso estudantado de 1eiro e 2º da ESO elaboraron un traballo no que se achegasen a algún parente que experimentase a emigración/exilio. Todos temos algún ou algunha.

Ademais, esta exposición enriqueceuse coa experiencia de entrevistar maiores do Centro de Día da nosa parroquia, Torneiros, que tamén tiveron que deixar o seu fogar por razóns socio-económicas.

Finalmente, para coñecermos o noso debemos partir do máis próximo. O estudantado de 1eiro da ESO presentaron nesta semana dúas maquetas que levan máis de dous meses elaborando sobre o noso concello e as súas parroquias. Están expostas baixo o lema "Coñeces o teu concello?"

Ademais, o grupo de teatro do noso centro fixo a representación da peza que leva todo o curso preparando: Idiota, un texto de Jordi Casanovas.

 

E, por último, o venres 20 asistimos o alumnado de Oratoria de 1eiro e 2º da ESO ó I Encontro de Bibliotecas do Concello do Porriño. 

 

A todo isto sumáronselle outras actividades doutros departamentos coma o baile dass Tanxugueiras que fixemos practicamente todos os membros do instituto, organizado polo profesor Víctor do Departamento de Historia.

Foi unha semana cargada de actividades; foi unha gran festa ó redor do noso idioma e país!!!

Actividades desenvolvidas polo departamento nos 1eiro e 2º trimestes do curso 2021-22

Este primeiro da ESO o noso alumnado desenvolveu diferentes actividades:

1. Lectura do manifesto en denuncia da violencia contra a muller, o 25 N, por parte do estudantado de Oratoria de primeiro da ESO.

 

2. Participación no informativo de TeleLouriña por parte do estudantado de Oratoria de 1eiro da ESO (a partid do minuto 4:10):

https://www.youtube.com/watch?v=0-W4_FS0QsE

3. No nadal o alumnado de 1eiro da ESO cantou unha panxoliña de nadal.

 

4. Novamente, houbo unha sesión de contacontos para os centros de infantil da nosa área desenvolvido polo estudantado de Oratoria de 1eiro da ESO.

 

5. No mes de abril, o alumnado de terceiro da ESO foi a Celanova: visitamos o mosteiro, a Casa dos Poetas e Vilanova dos Infantes.

Festa das Letras

Este ano 2021, homenaxéase a poeta Xela Arias no Día das Letras. No noso centro, fixemos unha serie de actividades para que todo o estudantado participase e se achegase a esta figura de sumo interese.

Primeiro e Segundo da ESO fixeron un traballo de escolla dun poema da autora que lle gustase ou interesase a cadaquén que acompañarían cunha imaxe significativa.

O estudantado de Oratoria presentounos a todo o centro a vida e obra de Xela Arias.

O estudantado do club de lectura fixo un traballo de autorretratos co motivo de Xela Arias.

Ademais de asistir a un obradoiro de cómic.

Terceiro da ESO participou nun obradoiro sobre Xela Arias guiado pola poeta Lara Dopazo Ruibal, organizado pola AELG.

O estudantado de 4º da ESO fixo unha acción poeta de ocupar parte do espazo común do centro (paredes, ventás... ) con textos da autora:

Celebramos tamén un concurso de marcapáxinas co tema único de Xela Arias: aquí podedes ver as tres gañadoras.

E o estudantado de 1eiro de BAC elaborou suxestivos vídeopoemas que podedes ver no Instagram do centro.

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut