Skip to Content

Historia do centro

Cora Velasco, madriña da promoción de 2022

O pasado venres 7 de outubro, a cantante e actriz Cora Velasco amadriñou á promoción de 2022. O alumnado de 1º ESO preparou un recibimento digno da súa madriña: elaboraron unha presentación na que reflictiron a súa vida e a súa obra e prepararon preguntas para ela, preguntas que a madriña contestou con moita paciencia e moito agarimo. Este vídeo é unha pequena mostra do que sucedeu no paraninfo do IES Sánchez Cantón, momentos de risas e emoción para todos os que alí estivemos.

 

Os xornais máis relevantes fixéronse eco desta noticia.

https://www.farodevigo.es/pontevedra/2022/10/07/cora-velasco-madrina-alumnado-ies-76989633.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2022/10/08/cora-velasco-vuelve-sua-casa-madrina-126-alumnos/0003_202210P8C4991.htm

 Ademais adicou aos pequenos unha fermosa canción, que cantou a capela, deixándoos a todos abraiados. Non se escoitaba nada máis que a súa voz.

E logo, participou da ledicia dos nenos acompañando o seu cantar.

 

 

Homenaxe a Xosé Luís Janeiro

Hoxe, 16 de xuño, celebramos a xubilación de Xosé Luís Janeiro, compañeiro querido, que nos deixa a final deste curso para desfrutar do seu tempo libre. Agora, por fin terá ese tempo tan necesario para desenvolver as múltiples aficións que posúe. A pegada que deixa no Sánchez Cantón é imborrable. Aquí sempre terá o seu lugar acolledor. Parabéns pola nova vida!

Manuel Casalderrey, Premio de Divulgación Científica 2022 da Real Academia Galega de Ciencias

O IES Sánchez Cantón non pode deixar de unirse ás felicitacións adicadas a un dos profesores máis ilustres que impartiron docencia nas súas aulas: Manuel Luis Casalderrey García. O catedrático de química ven de recibir esta semana o Premio de Divulgación Científica 2022 da Real Academia Galega de Ciencias. Parabéns en nome de toda a comunidade educativa do IES Sánchez Cantón.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2022/06/09/quimico-manuel-casalderrey-premio-divulgacion-cientifica-2022-real-academia-galega-ciencias/00031654784253715357535.htm

 

PLACA DE HONRA DA ORDE DE ALFONSO X, O SABIO

O mércores 16 de febreiro recibimos por correo ordinario a noticia de que lle fora concedida a Placa de Honra da Orde de Alfonso X, o Sabio ao IES Sánchez Cantón pola súa traxectoria desde o ano da súa creación en 1845.

Queremos compartir este galardón con toda a comunidade educativa que participou da vida neste centro, lembrando con afecto a todo aquel alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos, que durante estes 177 anos traballaron en prol dunha educación pública de calidade para moitas xeracións de pontevedreses e pontevedresas.

 

Concesión da Placa de Honra da Orde de Alfonso X, o Sabio

PREMIOS CIDADE DE PONTEVEDRA: D. ANXO GONZÁLEZ GUERRA

O pasado 20 de xaneiro entregáronse os Premios Cidade de Pontevedra, e o noso compañeiro e amigo, Anxo González Guerra, foi merecidamente homenaxeado. Longa é a lista de alumnos e alumnas do profesor durante os 35 anos de docencia no Sánchez Cantón. Hoxe, moitos deles desenvolven postos de relevancia na sociedade, pero todos gardan unha lembranza para o seu mestre, para aquelas marabillosas clases dun home comprometido coa lingua, co alumnado  e co ensino. Home que compartiu a súa vida con outra das homenaxeadas, Vitoria Ogando, que desenvolveu a súa carreira no veciño IES Valle-Inclán.

Xuntos, poden presumir de ser unha parella que deixou pegada en moitos pontevedreses e pontevedresas. Era de xustiza por tanto, que a cidade correspondera a tantos anos de xenerosa función pública docente.

 

HOMENAXE A CHARO SÁNCHEZ-GABRIEL

O pasado venres 22 de outubro realizamos un merecido homenaxe a unha benquerida compañeira, traballadora incansable na biblioteca escolar deste centro. Ela foi a artífice dunha biblioteca aberta a toda a comunidade educativa onde poder desfrutar de lecturas variadas e realizar actividades arredor dos libros. Por iso, era de xustiza que este espazo levara o nome da persoa que o creou: Charo Sánchez-Gabriel.

XUBILACIÓN DE FERNANDO OLBÉS

Hoxe celebramos a continuidade da vida despois de moitos anos de traballo (tantos como 35) co noso benquerido compañeiro Fernando Olbés. Foron momentos moi emotivos nos que se mesturaron moitos sentimentos: a tristeza pola marcha do compañeiro, a ledicia por comezar unha nova etapa, e a nostalxia por toda unha vida adicada a este centro, que sempre será o seu. Acompáñate o noso cariño, compañeiro. Boa sorte na túa andaina! 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut