Skip to Content

Novas de FP

Distribuir contido
Actualizado: hace 1 hora 43 min

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE e LOXSE). Curso 2023-2024

fai 12 horas 42 min

O período de matrícula en prazas liberadas das probas libres para a obtención de títulos FP (LOE e LOXSE) do curso 2023-2024 é desde as 9:00 horas do día 23 de maio ata as 13:00 horas do 31 de maio de 2024. A matrícula realizarase por estrita orde de chegada ao centro que oferte a praza vacante.

Categorías: Novas FP

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes de Atrévete a ter unha idea

Xov, 16/05/2024 - 14:31

Ampliase o prazo de presentación de solicitudes do concurso Atrévete a ter unha idea convocado pola Resolución do 10 de xaneiro de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se regula o Plan Eduemprende e se establecen as bases para a participación dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2023/2024.

O novo prazo para presentación de solicitudes estará aberto ata o luns día 27 de maio, incluído.

Categorías: Novas FP

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE e LOXSE). Listaxe de 1ª adxudicación. Curso 2023-2024

Mar, 14/05/2024 - 08:28

Publicada a listaxe da 1ª adxudicación ordinaria das probas libres para a obtención de títulos de FP.

Categorías: Novas FP

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE e LOXSE). Curso 2023-2024

Mar, 14/05/2024 - 08:22

Publicada a listaxe definitiva de solicitudes de persoas admitidas e excluídas para as probas libres para a obtención de títulos de FP.

Categorías: Novas FP

Resolución provisional de concesión de premios a proxectos de innovación na Formación Profesional

Ven, 10/05/2024 - 10:27

Publicada a resolución provisional de concesión de premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional convocados pola Resolución do 26 de decembro de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional.

Os centros educativos disporán dun prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ao desta publicación para interpor reclamacións ou renuncias ante a presidencia da comisión de selección.

Categorías: Novas FP

Ampliación do prazo de solicitude do programa Retorna Talento FP 2024/25

Ven, 10/05/2024 - 08:45

Publicada a ampliación do prazo de presentación de solicitudes do programa de bolsas Retorna Talento FP 2024/25.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o día 12 de xuño, incluído.

Categorías: Novas FP

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE e LOXSE). Curso 2023-2024

Lun, 06/05/2024 - 08:42

Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas para as probas libres para a obtención de títulos de FP (LOE e LOXSE).

Período de reclamación: desde o día 6 ás 9:00 horas ata o 8 de maio ás 13.00 horas, empregando o asistente web para reclamacións.

Categorías: Novas FP

O sergas convoca 158 prazas de persoal sanitario de formación profesional mediante concurso-oposición

Xov, 02/05/2024 - 10:42

O Diario Oficial de Galicia​ publicou o pasado 30 de abril a convocatoria de 158 prazas por concurso-oposición para o ingreso no Servizo Galego de Saúde en catro categorías de persoal sanitario de formación profesional.

En concreto, ofértanse 121 prazas de técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico (das que 54 son de acceso libre, 6 de discapacidade xeral e 61 de promoción interna), 16 prazas de técnico superior en dietética (7 de acceso libre, 1 de discapacidade xeral e 8 de promoción interna), 13 prazas de técnico superior en documentación sanitaria (5 de acceso libre, 1 de discapacidade xeral e 7 de promoción interna) e 8 prazas de técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía (4 de acceso libre e 4 de promoción interna).

O proceso desenvolverase mediante tres exercicios na fase de oposición e na baremación dos méritos correspondentes na fase de concurso. Entre a experiencia que se valorará, o Sergas outórgalle unha puntuación adicional a ter prestado servizos en centros sanitarios considerados illados (nos hospitais comarcais ou en determinados centros sanitarios de atención primaria) e ter prestado servizos durante a situación de emerxencia sanitaria orixinado pola covid.

As persoas aspirantes dispoñen dun mes contado desde o día seguinte á publicación no DOG desta convocatoria para presentar as súas solicitudes de participación.

No caso de persoas con discapacidade, poderán solicitar a necesaria adaptación de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios. Ademais, as vítimas de violencia de xénero ou violencia sexual poden solicitar a protección e seudonimización dos seus datos identificativos.

Categorías: Novas FP

Resolución pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado

Xov, 02/05/2024 - 09:28

Xúntase a Resolución do 29 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de réxime especial, e ensinanzas de educación secundaria e bacharelato para persoas adultas na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023-2024.

Os centros inscribirán o alumnado que solicitase participar na proba de nivel intermedio ou na proba parcial da área de dominio 4 do nivel intermedio, coa data límite do 22 de maio, ás 23:59 horas.

Categorías: Novas FP

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Cualificacións provisionais Convocatoria 2024.

Lun, 29/04/2024 - 10:26

Publicada a listaxe provisional de cualificacións das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Período de reclamación: do 29 de abril ao 6 de maio, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

Mais información.

Categorías: Novas FP

Resolución de adxudicación de mobilidades de persoal. Proxecto Erasmus KA131-HED-000064182

Ven, 26/04/2024 - 08:15

Publícase a resolución de adxudicación de mobilidades de persoal convocadas pola Resolución do 27 de decembro de 2023 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establece o procedemento para a tramitación de mobilidades de profesorado de ciclos formativos de grao superior de Formación Profesional dos centros educativos que forman parte do consorcio do proxecto 2022-1-ES01-KA131-HED-000064182 e persoal da Dirección Xeral de Formación Profesional.

Categorías: Novas FP

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Exames e respostas da convocatoria 2024.

Lun, 22/04/2024 - 10:28

Publicados os exames e as respostas da convocatoria 2024 de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Categorías: Novas FP

Listaxe provisional de proxectos presentados ao programa Lanzadeiras Lugo para o curso 2023/2024

Ven, 19/04/2024 - 11:57

Publicada a listaxe provisional de proxectos presentados á convocatoria do programa Lanzadeiras Lugo 2023/2024 para o desenvolvemento de miniempresas en centros educativos durante o curso 2023/2024 (Resolución do 1 de marzo de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional).

O prazo para presentar reclamacións, emendar erros ou completar documentación estará aberto do 19 ao 29 de abril, ambos os dous incluídos.

Categorías: Novas FP

Probas de acceso a CF de grao medio. Listaxes definitivas de solicitudes, exencións, sedes e instrucións

Ven, 19/04/2024 - 08:12

Publicada a listaxe definitiva de solicitudes e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2024.

Publicadas instrucións e a asociación de centros e sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2024.

Categorías: Novas FP

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE e LOXSE). Curso 2023-2024

Mér, 17/04/2024 - 10:48

Publicado o calendario, a oferta clasificada por provincia e concello, e a actualización da información das Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE e LOXSE). Curso 2023-2024

Categorías: Novas FP

Resolución definitiva de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados

Mar, 16/04/2024 - 08:38

Publicada a resolución definitiva da comisión de selección e avaliación de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2024 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.

Contra a presente resolución poderase interpor un recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A resolución do devandito recurso esgotará a vía administrativa.

Categorías: Novas FP

Resolución de centros seleccionados no programa Aulas de emprendemento na FP 2024

Lun, 15/04/2024 - 12:29

Publicada a resolución do 11 de abril de 2024 pola que se fai pública a resolución de centros seleccionados para participar  no programa Aulas de emprendemento 2024, convocado pola Resolución do 14 de decembro de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional.

Categorías: Novas FP

Probas de acceso a CF de grao superior. Listaxes definitivas de solicitudes e de exencións e sedes

Xov, 11/04/2024 - 08:02

Publicada a listaxe definitiva de solicitudes e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2024.

Publicadas instrucións e a asociación de centros e sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2024.

Mais información.

Categorías: Novas FP

Selección de estadías formativas 2024. Resolución provisional

Mér, 27/03/2024 - 14:23

Publicada a resolución provisional da comisión de selección e avaliación de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2024 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.

O prazo para efectuar reclamación, emendar erros ou presentar renuncia á concesión da estadía é de 3 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Data límite para reclamacións: 03/04/2024 (incluído).

Categorías: Novas FP


by Dr. Radut