Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2016-2017

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

 

Relación de ciclos e prazas obxecto desta convocatoria

 

Requisitos das persoas solicitantes

Cumprir os requisitos de acceso establecidos na Lei orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, que modifica a Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (basicamente para ciclos medios, título de formación profesional básica, de ESO ou proba de acceso; para ciclos superiores, ter título de técnico de formación profesional, título de bacharelato da LOE ou da LOXSE, ou proba de acceso), e ademais:

– Ter 18 anos, para optar aos títulos de técnico

– Ter 20 anos, para optar aos títulos de técnico superior, ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico

Malia o anterior, coa finalidade de facilitar a formación permanente, a integración social e a inclusión de persoas e de grupos desfavorecidos no mercado de traballo, se houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas dos módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais as persoas adultas que, sen cumpriren as condicións de acceso, teñan acreditada:

– Experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.

Con carácter xeral, non estar matriculado/a en ciclos formativos de formación profesional nin ter causado baixa no correspondente curso académico.

Non estar en posesión dun título de formación profesional declarado equivalente ao correspondente título de formación profesional establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, obxecto da proba.

Excepcionalmente, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas poderán matricularse para a realización das probas libres en módulos profesionais do mesmo ciclo formativo:

  • sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculadas neles no curso académico de realización da proba.
  • ata un máximo de tres módulos profesionais do mesmo ciclo formativo, sempre e cando non estean matriculadas neles no mesmo curso de realización da proba.

 

Lugar de presentación de solicitudes

As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres de formación profesional presentaranse na secretaría de calquera centro público en que se oferten probas libres para a obtención de títulos LOE, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

 

Documentación relacionada

  • Impreso de solicitude para as probas libres a ciclos formativos de formación profesional (anexo I)
  • Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, do Instituto Social da Mariña ou da mutualidade laboral en que se teña afiliación, onde conste a empresa, o grupo de cotización e o período de contratación (vida laboral)
  • Certificación da empresa en que se adquirira a experiencia laboral, que reflicta especificamente a duración dos períodos de prestación de servizos, a categoría laboral, a actividade desenvolvida, o período en que se realizara a devandita actividade e os ciclos formativos relacionados (anexo II)
  • Se quen solicita xa ten módulos superados do ciclo formativo, deberá presentar a correspondente certificación acreditativa
  • Se ten 19 anos e un título de técnico, deberá presentar o depósito do título de técnico (só no caso de solicitar ciclos formativos de grao superior)
  • Se solicita adaptación da proba por recoñecemento de necesidades educativas especiais, xuntará o certificado do recoñecemento do grao de minusvalía e ditame técnico facultativo
  • Impreso de solicitude de matrícula, que deberá presentarse logo de resultar admitido/a e durante o período establecido (impreso de matrícula)

 

Prazo de solicitude de admisión

Unicamente poderá presentar a solicitude de admisión quen cumpra os requisitos de acceso no período da inscrición.
O prazo de presentación de solicitudes de admisión é o seguinte (período ordinario): do 17 ao 28 de abril de 2017 ata as 13:00 h.

 

Solicitudes de inscrición

 

Documentación e listaxes do procedemento de probas libres

Corrección de erros. Orde do 5 de abril de 2013

Orde do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

Resolución do 4 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2016/17

Información e documentación de probas libres do curso 2016-2017

Listaxe provisional de solicitantes.
Listaxe provisional

Período de reclamación: do día 5 ao 9 de maio ata as 13.00 horas, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

Listaxe definitiva de solicitantes.
Listaxe definitiva

1ª adxudicación ordinaria: listaxe de persoas admitidas.
Listaxe 1ª adxudicación ordinaria  

Período de matriculación do día 15 ao 19 de maio ata as 13:00 horas.

Lembren que poden elixir matricularse en calquera dos módulos do ciclo formativo adxudicado.

Aquelas persoas matriculadas que non asistan inxustificadamente á xornada de acollemento ou a calquera das partes en que se organiza a proba de cada módulo profesional causarán baixa de oficio, o que implica a perda de toda a matrícula na proba, e non poderán presentar solicitude de inscrición nas probas do curso académico seguinte.

Prazas vacantes de probas libres.
As persoas interesadas, que cumpran os requisitos de acceso indicados na Orde do 5 de abril de 2013, poderán matricularse en calquera dos módulos dos ciclos con prazas vacantes. O período de matrícula do curso 2016/2017 é do 23 ao 31 de maio de 2017 ás 13:00 horas. A matrícula realizarase por estrita orde de chegada.

Nas seguintes listaxes de prazas pódese consultar a dispoñibilidade de vacantes:

Clasificadas por centro educativo

 


Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente.

Etiquetas: 
Tema: