Habilitacións profesionais

Información Xeral

Introdución

O desenvolvemento de certas actividades no ámbito da seguridade industrial require a obtención de documentación que acredite a competencia profesional do persoal ou da empresa. Esta documentación preséntase baixo a denominación de carné ou habilitación profesional.

A actualización constante e a evolución do sector industrial determinan tanto o tipo de actividade que require dunha certificación, como as condicións para a súa obtención. Deste xeito desaparece a figura do carné profesional nalgunhas especialidades (fontanaría, electricidade) e créanse novas acreditacións en actividades emerxentes ou como resposta a regulamentos normativos recentes como os referidos aos gases fluorados.

Algúns gases fluorados forman parte dos axentes que contribúen á deterioración da capa de ozono da atmosfera e ao quentamento global da terra (efecto invernadoiro) recollidos nos Protocolos de Kioto e Montreal. Estes procesos alteran as condicións de vida e comprometen a supervivencia no noso planeta. O regulamento establece os requisitos para a formación e acreditación das persoas que realizan actividades de manipulación e comercialización destes gases.

Cambios na normativa sobre manipulación de gases fluorados

O Real decreto 795/2010, do 16 de xuño regulaba, entre outros aspectos, os ámbitos e actividades en materia de gases fluorados que precisaban da obtención dunha certificación persoal, ademais dos procedementos asociados ás distintas vías para a súa obtención. A entrada en vigor do Real decreto 115/2017, do 17 de febreiro, derroga a disposición normativa anterior e establece un novo marco regulamentario para a manipulación e comercialización de gases fluorados de efecto invernadoiro así como os requisitos técnicos que deben cumprir as instalacións que desenvolvan actividades que emitan estes gases.

O alcance dos cambios afecta directamente ao procedemento de certificación persoal, polo que é necesaria unha actualización deste procedemento no ámbito das atribucións e competencias da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

- Información sobre carnés e habilitacións profesionais 

- Información sobre certificacións persoais de gases fluorados (pendente de actualización)

- Información sobre carnés e habilitacións extinguidos

- Folleto informativo xeral (pendente de actualización)  

Obtención directa

As especialidades cuxos contidos, materias e coñecementos puideran estar incluídos nunha cualificación profesional do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, titulación de formación profesional, titulación universitaria ou certificado de profesionalidade, e sexan recoñecidos polo organismo competente, permitirán a obtención directa da habilitación profesional ou carné profesional sen a concorrencia á proba.

- Descargar o modelo de solicitude de gases fluorados (pendente de actualización)

Obtención mediante proba

As certificacións tamén se poden obter pola vía da proba, naquelas especialidades onde se determine.

As persoas aspirantes deberán reunir os requisitos establecidos en cada especialidade para poder acceder á proba.

Naquelas especialidades onde a posesión dunha titulación académica constitúa un requisito de acceso á proba, respectaranse as equivalencias entre as distintas ensinanzas segundo o establecido pola normativa vixente.

As solicitudes presentaranse cubertas en tempo e forma, xunto coa documentación requirida por cada especialidade.

Exames 

- Exames realizados en convocatorias anteriores

 
Entidades formativas recoñecidas na Comunidades Autónoma de Galicia para a impartición dos cursos teórico-prácticos para carnés e habilitacións profesionais incluídos os gases fluorados 

Entidades formativas recoñecidas para determinadas habilitacións profesionais

- Entidades formativas recoñecidas para gases fluorados  

Rexistro das persoas con certificado de manipulación de gases fluorados

Acceso ao rexistro

Normativa de referencia

- Recursos normativos

Tema: