Skip to Content

Normas para a realizacións de exames do Departamento de Xeografía e Historia

O Departamento de Xeografía e Historia do IES A Sardiñeira, indica que, tras consenso de departamento, se seguirán as seguintes normas á hora de realización de exames tanto en Secundaria coma en Bacharelato:

“Seguiránse as seguintes normas á hora de realizar no exame. De non seguirse, penalizaráse o exame cun cómputo negativo ou, en caso de tratarse dunha falta grave, se retirará a proba e non se corrixirá:

- Os apuntamentos, texto, traballo e actividades que se deixan na Aula Virtual ou na clase serán únicamente orientativos. O alumnado debe realizar os seus propios apuntamentos de vocabulario, temas e comentarios históricos, de  maneira que deberán ser ORIXINAIS (NON COPIADOS EXACTAMENTE DE APUNTAMENTOS, PÁXINAS WEB, MANUAIS...).

Unha vez realizados os apuntamentos, enviaránse a corrixir á profesora (só ata dous días antes do exame para que dea tempo a estudar sobre o corrixido). Deste xeito, se poderá ter en conta a suma do % de nota de traballo de clase e casa, á nota total. ESTE PUNTO debe quedar CLARO, pois NON admitirá REVISIÓN a partir de agora.

- Non se terá ningún tipo de material na mesa, na cadeira ou na parrilla da mesa. Non se terán abrigos, mantas ou mochilas xunto co alumnado ou sobre a cadeira ou a mesa. DEBEREDES DEIXAR ESTE MATERIAL LONXE DAS MESAS. Non se terán folios que non entregue a profesora nin esquemas, nin chuletas, nin ningún tipo de apuntamento. Tampouco estuches. Deste xeito, só se poderá ter o imprescindible para o exames (bolígrafo, suliñadores e/ou tipex ou corrector). SE A PROFESORA DETECTASE QUE O ALUMNO OU A ALUMNA ESTÁ A COPIAR DURANTE O EXAME, DITA PROBA SE RETIRARÁ E SE CUALIFICARÁ CUN CERO. Polo tanto, evitemos o movemento de mochilas, xestos e espasmos estranos, e fagamos o exame ben sentados/as, rectos na mesa, sen retorcernos e sen ocultar o traballo que facemos. FALTA GRAVE

- Non se poderán traer aparellos electrónicos de ningún tipo, cascos, móbiles nin smartwatches. FALTA GRAVE.

- Aquelas persoas que teñan pelo longo, deberán telo recollido durante a proba.

- Non se poderán realizar preguntas durante o exame unha vez dea comezo a proba. As explicacións oportunas se farán antes de dar comezo á mesma.

- Non se poderán facer marcas persoais de ningún tipo durante o exame: cadros, suliñados , palabras enteiras en maiúsculas… Só se poderán suliñar as follas impresas do exame.

- Non se deben engadir guións, frechas ou numerais, pois o vocabulario, temas e comentarios, deben ser escritos de forma seguida e só podendo ter unha división en parágrafos. Non se deben engadir símbolos que personalicen o exame.

- O alumnado deberá manter marxes laterais, superior e inferior á hora de escribir.

- O alumnado escribirá de forma limpa e ordeada (e que non haxa marcas de aparellos móbiles na folla).

- O alumnado deberá asegurarse de que as follas en branco entregadas pola profesora estean marcadas por ela. Doutro xeito, non se corrixirá o contido do exame. FALTA GRAVE

- Non se admitirán "cambiazos" ou follas alleas ás entregadas pola profesora. De habelos dentro da proba entregada, o exame non se corrixirá. FALTA GRAVE.”

 


No caso da materia de Historia de España de 2ºBACH, tamén se terán en conta as normas e a estrutura do exame das ABAU, que tamén se cumprirán nos exames da materia:

"Seguirase o esquema ABAU para desenvolver o exame:

- Vocabulario (2 puntos con 8 termos e 4 a elixir que valerán 0’5 cada un), 4 Temas (3 puntos) a elixir un tema (dos 4 primeiros bloques de Historia, se propoñerán 1 ou 2 temas de cada bloque) e tres textos por cada Comentario Histórico con 5 puntos (haberá 3 posibles comentarios históricos dos séculos XIX e XX, segundo o que esteamos a traballar na clase).
- O vocabulario non deberá superar as 5 liñas e os Temas non deberán superar 1 cariña de extensión.
- 4 Temas a elixir 1. Os temas serán de cada un dos catro bloques de contidos, pero poderán aparecer dous temas dun dos bloques, de maneira que non todos os bloques se verán reflexados no exame. Os temas seleccionados serán elixidos ao azar pola profesora, sempre tendo como referencia as probas pasadas da ABAU.
- Comentarios de texto: haberá tres conxuntos de tres textos, de maneira que se presentarán tres temas distintos, a elixir un dos conxuntos de tres textos. Dependendo do momento do curso, os tres conxuntos de textos serán só do século XIX, ou do século XIX e do século XX. Os textos e os temas que trate cada conxunto de textos, serán elixidos ao azar pola profesora, sempre tendo como referencia as probas pasadas da ABAU.
- Tanto Temas como Comentarios terán a mesma estrutura: INTRODUCIÓN, DESENVOLVEMENTO e CONCLUSIÓN. Na pregunta do Tema cada apartado valerá 1 punto. Na pregunta do Comentario de texto, Introdución e Conclusión valerán 1 punto, o Desenvolvemento terá varios apartados (Causas 0’5 ptos, Desenvolvemento 0’5ptos e Consecuencias 0’5 ptos), e os Textos valerán 0’5 puntos cada un (se só se menciona o texto, ou se só se menciona unha frase do texto, só se contará a metade, é dicir, 0,25 ptos).
- Adapatermos aos exames e á materia de Historia de España todas as instrucións, correcións, adaptacións, indicacións, informacións e novidades do GRUPO DE TRABALLO DE HISTORIA DE ESPAÑA das ABAU."


book | by Dr. Radut