Skip to Content

Cambios no Departamento de Xeografía e Historia respecto da Orde de avaliación do 25 de xaneiro de 2022 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

  • O Departamento de Xeografía e Historia, decide o seguinte, segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia:

 

Decídese seguir a Orde tal cual ven explicada, e tamén se traballará conforme aos artigos e puntos de dita Orde, especialmente indicando a importancia do Capítulo III, Artigo 8 punto 5, de maneira que se observará a realización de traballos e tarefas de reforzo e ampliación co apoio de tiotría e doutras materias tal e como o considera o Decreto para a Educación Secundaria:

 

“5. O alumnado que non acade a promoción permanecerá un ano máis no mesmo curso. A permanencia no mesmo curso considerarase unha medida de carácter excepcional e tomarase logo de esgotar as medidas ordinarias de reforzo e apoio para superar as dificultades de aprendizaxe da alumna ou do alumno. En todo caso, a permanencia no mesmo curso planificarase de maneira que as condicións curriculares se adapten ás necesidades do alumnado e estean orientadas á superación das dificultades detectadas, así como ao avance e ao afondamento nas aprendizaxes xa adquiridas. Estas condicións recolleranse nun plan específico personalizado con cantas medidas se consideren adecuadas para este alumnado.”

 

O mesmo se considera para o Capítulo IV, Artigo 18, puntos 5 e 6, para o Bacharelato, específicamente no punto 6 para o 1º curso de BACH:

 

“5. Ao longo de cada curso realizaranse para cada grupo tres sesións de avaliación parciais. Así mesmo, farase o seguimento da recuperación das materias pendentes, se for o caso. A derradeira destas tres sesións poderá coincidir coa avaliación final do período ordinario. Haberá, así mesmo, unha sesión de avaliación logo da realización das probas extraordinarias. As avaliacións finais ordinaria e extraordinaria realizaranse nas datas que se determinen na norma que estableza o calendario escolar para cada curso.

6. No segundo curso de bacharelato, no período abranguido desde a realización da avaliación final ordinaria ata as datas de celebración das probas extraordinarias, o centro educativo organizará a impartición das clases co fin de preparar o alumnado para a realización da avaliación de acceso á universidade e das probas extraordinarias.

 

No primeiro curso de bacharelato, o período abranguido desde a realización da avaliación final ordinaria ata o remate do período lectivo dedicarase á preparación e á realización das probas extraordinarias, e a actividades de apoio, reforzo, recuperación, ampliación e titoría.”

 



book | by Dr. Radut