Skip to main content
Orientación e emprego

Acreditación de competencias

 

Se non posúes o título académico relacionado coa túa experiencia laboral quizás che interesa o Plan de acreditación de experiencia profesional.

O obxecto da acreditación de competencias é recoñecer, avaliar e acreditar as competencias adquiridas a través da experiencia laboral e outras vías de formación non formais como cursos relacionados coa profesión a acreditar.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca este proceso de acreditación de competencias anualmente. É preciso inscribirse no aplicativo establecido ao efecto, incluír aquí toda a información da vida laboral (despois de solicitar esta) máis a información sobre cursos relacionados coa profesión. Unha vez feito isto, a Consellería asinarache un titor ou titora que che irá indicando todos os pasos a seguir.

Dende o Servizo de Orientación ao Emprego do IES de TEIS axúdamosche para que poidas realizar este proceso de cumprires os requisitos.