Séguenos nas redes sociais: Facebook Teis

Procedemento de admisión de alumnado 2016/2017 (ESO e BACHARELATO)

  1. Normativa reguladora do procedemento de admisión

    DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Probas libres no IES de Teis

Tedes toda a información das probas libres 2015-2016 de Formación Profesional  que se desenvolverán no IES de Teis no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.es/centros/iesteis/probas-libres2015-2016

 

A información irase actualizando segundo se acheguen as probas. Estade atentos.

 

Loita olímpica

O pasado 31 de marzo de 2016 o alumado de 1º da ESO disfrutou dunha xornada de loita olímpica. A actividade foi desenvolvida polo clube de loita "San Ignacio" de Vigo, que lles fixo unha presentación desta disciplina e onde os rapaces poideron vivenciar diversas actividades relacionadas con este deporte.

  

Primeiros auxilios

O pasado 4 de febreiro de 2016 o alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato participou no salón de actos do centro dunha xornada teórico-práctica de primeiros auxilios, dentro do programa "Síntome ben" da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo. A actividade foi dirixida por Carlos Vales coa colaboración dos profesores de educación física.

Estudando o medio ambiente en Catoira

O pasado mércores 4 de maio, o alumnado de Cultura Científica fixo unha saída didáctica ó Concello de Catoira.

Esta actividade forma parte do proxecto a desenvolver neste terceiro trimestre, consistente no estudo da xestión ambiental dunha zona, identificando os recursos e riscos naturais existen, os impactos que se están a producir, e se todo iso vai xestionado ou non segundo os principios do desenvolvemento sustentable. 

Durante a soleada xornada houbo ocasión de visitar muíños de vento, de río e de marea, de atopar manaciais medicinais, e zonas de interese xeolóxico e paisaxístico.

Escribir e facer teatro

Alumnado na escola vendo a demostración

Os días 8 e 15 de abril de 2016 tivo lugar no noso centro un encontro co dramaturgo Julio Fernández Peláez. Asistiron o alumnado de 2º da ESO e de FP Básica. Todos tiveron a oportunidade de achegarse ao teatro:creación, texto, representación. Unha actividade amena para espertar o interese pola escritura teatral fomentando ao mesmo tempo a imaxinación, a creatividade e o traballo en equipo.

Deixámosvos coas fotos do evento

Ledicia Costas

Lecicia Costas

O pasado xoves 7 de abril achegóuse ao noso centro Ledicia Costas.

Falou do seu oficio de escritora e das súas obras , especialmente de Escarlatina, a cociñeira defunta novela pola que obtivo o Premio Nacional de Literatura no ano 2015 ; O corazón de Xúpiter  e Un animal chamado néboa.  Obras lidas polo alumnado de ESO e bacharelato. 

Ledicia Costas Álvarez, nada en Vigo o 19 de setembro de 1979, é unha escritora galega. Gañou o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 2015, pola súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta. Empezou moi nova no mundo da literatura, escribindo as súas primeiras novelas en plena adolescencia. Traballou no mundo do guión cinematográfico e do audiovisual participando no proceso creativo de diversos documentais, labor que compaxina coa participación en diversos recitais, coa creación literaria e co exercicio profesional da avogacía. É unha das coordinadoras da revista dixital Criaturas, dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia.[1]

Visita do conselleiro de Cultura e Educación

O conselleiro no IES

O pasado martes, 19 de abril de 2016 o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez visitou o noso centro.

Segundo a web da consellería:.

O conselleiro de Cultura e Educación anuncia para este mesmo verán as obras de ampliación do IES de Teis para dar resposta ás necesidades de crecemento da formación profesional. O obxectivo é mellorar as instalacións do centro para a súa adaptación á nova FP Básica e aos ciclos formativos de 2.000 horas.

Podedes continuar lendo a nova en: http://www.edu.xunta.es/portal/node/18749.

 

Novas incorporacións á nosa Biblioteca!!!!

Cazadores de sombras

Dende a Biblioteca infórmannos de que se adquiriron novos libros. Están publicando as novidades nesta páxina web, na sección da Biblioteca "Novidades na biblioteca". Alí verás unha lista cos novos títulos adquiridos polo centro.

Temos cómics, novelas en galego, novelas de ciencia ficción, novelas históricas, etc.

Conferencia: HTML5

HTML5

O próximo martes 26 de abril ás 12:00 desenvolverase unha charla sobe HTML5 para todo a alumnado de primeiro de ciclos de informática.

A charla será impartida por Urbano García Barros, Jefe de Servicio en Consorcio da Zona Franca de Vigo.

Segundo a Wikipedia:

HTML5 (HyperText Markup Language, versión 5) es la quinta revisión importante del lenguaje básico de la World Wide Web, HTML. HTML5 especifica dos variantes de sintaxis para HTML: una «clásica», HTML (text/html), conocida como HTML5, y una variante XHTML conocida como sintaxis XHTML5 que deberá servirse con sintaxis XML (application/xhtml+xml).1 2 Esta es la primera vez que HTML y XHTML se han desarrollado en paralelo. La versión definitiva de la quinta revisión del estándar se publicó en octubre de 2014.3 Al no ser reconocido en viejas versiones de navegadores por sus nuevas etiquetas, se recomienda al usuario común actualizar su navegador a la versión más nueva, para poder disfrutar de todo el potencial que provee HTML5. El desarrollo de este lenguaje de marcado es regulado por el Consorcio W3C.

Taller de primeiros auxilios

Monecos facendo reanimación

Os días 5 e 7 de abril de 2016 terá lugar no noso centro uns talleres de primeiros auxilios organizados polo departamento de Formación e Orientación Laboral.

As datas e horas son as seguintes:

  • Réxime de adultos: 5 de abril de 16:50 a 19:50 (dirixido a todo o alumnado matriculado en FOL).
  • Réxime ordinario: 7 de abril.
    • 1º ASIR, 1º DAM, 1º SMR: 8:30 a 12:30
    • 1º EIB, 1º PCC, 1º EB: 8:30 a 11:30

Obradoiro e certame de regueifa

Un momento da representación

O pasado 17 de febreiro os alumnos de 3º e 4º de ESO asistiron ao obradoiro de regueifa impartido por Luís Caruncho e Pinto de Herbón no instituto, seis de entre eles foron seleccionados para representarnos no VIII Certame Escolar de Regueifa que tivo lugar no Centro Veciñal e Cultural de Valadares o 4 de marzo.

En Valadares, nun escenario con máis dun centenar de novos regueifeiros, improvisaron Paola Ángel, Brais Taboada, Sofía Fernández e Diana Longa. Paola e Diana pasaron a segunda fase e Paola aínda deu un paso máis e chegou a final. Parabéns a todos eles.

As poetas María Lado e Lucía Aldao no IES de Teis

Un momento da representación

O venres 26 de febreiro as poetas María Lado e Lucía Aldao ofrecéronnos un recital de poesía nun formato completamente diferente ao habitual pensado para atraer a un público mozo e a persoas pouco ou nada interesadas na poesía.

Para iso combinan o recitado de poemas propios das autoras con música en directo, xogos participativos para o público e divertidas historias relacionadas coa súa actividade de poetas ou coa vida mesma.

En resumo, un espectáculo de poesía, música e humor que desfrutaron os alumnos de bacharelato no salón de actos.

Distribuir contido

Profesorado

Pais/Nais