Skip to main content

Mobilidade a Xeorxia

<br />
Erasmus a Xeorxia

Dentro do proxecto de mobilidade internacional KA171, os membros do departamento de Informática, Patricia González e Juan Carlos Pérez, asistiron á Staff Week organizada pola TSU (Tbilisi Sate University) de Xeorxia, entre os días 13 e 20 de abril. En dita convocatoria participaron ademais uns 60 representantes de diferentes institucións académicas e universidades de países como Alemaña, Italia, Francia, Turquía, República Checa, Polonia, entre outros.

Durante a nosa estancia en Tbilisi reunímonos con membros da Facultade de Informática da TSU, concretamente cos profesores Archil Elizbarashvili e Alexandre Gamkrelidze, os cales impartirán no mes de maio unhas charlas sobre Administración de Linux e Intelixencia Artificial, respectivamente na nosa institución. Na reunión estivemos analizando diferentes cuestións relacionadas coa súa visita a Vigo, así coma posibles colaboracións en proxectos comúns.

Asemade, tamén tivemos a ocasión de reunirnos cos alumnos xeorxianos que estiveron realizando prácticas laborais durante os meses de verán en empresas de Informática en Vigo: Illia, Mariami, Giorgi e Levan. Durante este encontro estes alumnos salientaron o positivo que foi a súa experiencia en Vigo tanto dende o punto de vista persoal como laboral. Finalmente, tamén houbo reunións con membros doutros centros asistentes á Staff Week nas que deron lugar un intercambio de experiencias e opinións dos diferentes sistemas educativos.

Salientar a atención recibida pola institución de acollida, a cal ofreceunos ao longo da semana un extenso programa de actividades e inmersión social e cultural do seu país asistindo a diferentes actos e visitas coma a museos, conferencias, concertos de música clásica e outras actividades invitados pola TSU. Non queremos deixar pasar a ocasión de agradecer tanto o grado de organización como a atención e o trato recibido polos nosos colegas da TSU, quenes nos axudaron en todo momento para a coordinación das nosas reunións técnicas que tiñamos programadas, ademais das propias no marco da Staff Week, sen esquecer o seu esforzo por mostrarnos a beleza e a cultura do seu país.

 

Erasmus a Xeorxia Erasmus a Xeorxia Erasmus a Xeorxia