Skip to main content

Conmemoración do día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Día da muller e a nena na ciencia 2024

O Departamento de Informática únese ás actividades que realiza o Grupo de Igualdade para conmemorar o 11F (Día internacional da muller e a nena na ciencia). O pasado xoves 8 de febreiro dende distintos cursos dos nosos ciclos conectámosos en streaming á xornada que organizou o Muncyt (Museo nacional de ciencia y tecnología) da Coruña, en colaboración coa facultade de Informática da mesma cidade, para asistir as catro charlas que tiveron lugar ao longo da mañá. As relatoras foron catro doutoras en Enxeñaría Informática e ofreceron unha visión divulgativa e con diversos enfoques da Intelixencia Artificial.

 

Galería de imaxes do evento

Día da muller e a nena na ciencia 2024

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License