Skip to main content

XV Olimpíada de Xeoloxía

XV Olimpíada de Xeoloxía

Cinco representantes de 4 de ESO e cinco de 1º de Bacharelato acudiron o día 7 de febreiro á XV Olimpíada de Xeoloxía, acompañados das profesoras Berta Barreiro e Vanesa Primo.

A actividade consistiu nunha proba práctica tipo xincana que se desenvolveuse na contorna do Monte da Guía e unha proba teórica que se realizou na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía de Vigo. Durante a xornada tamén participaron nunha serie de talleres sobre pinturas e sobre intelixencia artificial aplicada a minerais que impartía a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía de Vigo.

Foi unha oportunidade de estar contacto coa natureza, para poñer en práctica o aprendido nestes meses e para convivir con alumnado doutros centros. Para máis información sobre a xornada pódese consultar o enlace da Universidade de Vigo: XV Olimpíada de Xeoloxía

 

Deixamos unha serie de fotos da xornada:

XV Olimpíada de Xeoloxía XV Olimpíada de Xeoloxía XV Olimpíada de Xeoloxía XV Olimpíada de Xeoloxía

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License