Skip to main content

Acreditación do nivel de competencia Dixital do noso alumnado de 4º da ESO e 2º de BAC

O alumnado de 4º da ESO que obteña o título de graduado/a en ESO recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación de Competencia Dixital (ComDix).

O alumnado matriculado en 4º da ESO poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio.

A proba específica que acredita o nivel intermedio realizarase durante o mes de maio no noso centro.

O alumnado de 2º de BAC que obteña o título de bacharel acreditará que ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais (ComDix).

O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4, e de superala, recibirá a cetificación ComDix de nivel intermedio.

A proba específica que acredita o nivel intermedio realizarase durante o mes de abril no noso centro.

O alumnado de 4º da ESO ou de 2º de BAC que desexe realizar a proba específica solicitará a súa inscrición empregando o modelo establecido no anexo IV asinado polos pais/nais/titores en caso de alumnado menor de idade.

Data tope para inscribirse na proba: venres 15 de marzo as 14:30.