Skip to main content

Mobilidade a Túnez

<br />
Mobilidade a Sousse 2024

Dentro do proxecto de mobilidade internacional KA171, os membros do departamento de Informática Roberto Pérez García e Nuria Canle Casares, visitamos 3 centros de ensinanza universitaria en Sousse, Túnez, entre os días 22 e 26 de abril.

Durante a nosa estancia, o coordinador de relacións internacionais da University of Sousse, Hichem Romdhani, mostrounos o funcionamento administrativo da universidade, así como os estudos que alí se ofertan e as competencias que traballa o alumnado. Tamén coñecemos aos membros do departamento de informática de dita universidade, da man da súa coordinadora, así como os campos de investigación aos que dedican os seus esforzos.

Ademais, visitamos tamén a Ecole National D’Ingénieurs de Sousse, da man do seu presidente Ali Douik, que nos amosou as súas instalacións e o equipamento e maquinaria dos que dispoñen, co que o alumnado traballa ao longo dos seus estudos. Trátase dunha escola moi ben dotada e cun nivel de preparación do alumnado moi elevado, onde as carreiras contan cunha maioría de alumnado feminino.

Por último, tamén visitamos o Institut Supérieur d'Informatique et des Technologies de Communication onde, malia ser un centro máis pequeno, se imparten carreiras técnicas, entre elas, enxeñería informática, e contan con varios grupos de investigación e traballo onde o alumnado pode buscar a área na que desexe desenvolverse.

En tódolos casos mostráronnos a súa dedicación e interese por proporcionarlle ao alumnado o maior nivel de aprendizaxe posible para que se desenvolvan persoal e profesionalmente, co que conseguen profesionais ben formados e solicitados por grandes empresas. Agradecer a súa hospitalidade e interese en realizar futuras colaboracións connosco, que agardamos que así sexa.

 

Mobilidade a Sousse 2024 Mobilidade a Sousse 2024 Mobilidade a Sousse 2024 Mobilidade a Sousse 2024 Mobilidade a Sousse 2024