Recomendacións lectoras para o mes de maio
Enviado por admin o Lun, 13/05/2024 - 13:21
Estas son as recomendacións lectoras que o equipo de biblioteca seleccionou para o mes de maio e que teredes á vosa disposición na sala de profesorado Emilia Pardo Bazán.
Co gallo do Día das Letras Galegas que celebraremos o vindeiro 17, a nosa proposta é facer unha nova lectura das homenaxeadas e homenaxeados. Por iso seleccionamos un libro de cada unha das mulleres protagonistas desta data, seis, incluída Luisa Villalta, dos 61 totais, un dato para a reflexión...
A maiores tamén podedes atopar algún ensaio sobre esta efeméride, algo de teatro, contos, etc. Agardamos que sexan do voso agrado.