Skip to main content

Curso de especialización en Intelixencia Artificial e Big Data

NextGenerationEU Ministerio de Educación e Formación Profesional

Título que se obtén

Non se obtén un título, senón un certificado que acredite a superación do curso de especialización en Intelixencia artificial e big data.

Saídas profesionais

As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas, públicas e privadas de todos os sectores produtivos, tanto por conta allea como propia, desempeñando o seu traballo na área de programación, infraestrutura ou consultoría.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Desenvolvedor de Intelixencia Artificial e Big Data.
  • Programador de sistemas expertos.
  • Experto en Intelixencia Artificial e Big Data.
  • Analista de datos.

Réximes nos que se imparte

  • Ordinario:
    • Luns: 08:10 - 15:20; Martes a Venres: 08:10 - 14:30.
  • Persoas adultas (distancia):  Neste réxime o alumnado sigue as clases a través dunha plataforma de ensino a distancia con titorías presenciais unha vez á semana.

Duración

Este ciclo ten unha duración de 600 horas.

Idiomas

  • O alumnado pode solicitar o título noutros idiomas no marco Europass

Cales son os módulos?

 

Módulos do primeiro ano Horas
Big data aplicado 136
Modelos de intelixencia artificial 73
Programación de intelixencia artificial 200
Sistemas de aprendizaxe automáticos 91
Sistemas de big data 100

Máis información