Skip to main content

Erasmus+ en Lengenfeld (Alemaña)

<br />
    Erasmus Laura Fernández e Marta Rey

A semana do 29 de maio ao 2 de xuño, as profesoras Laura Fernández Nocelo e Marta Rey López, ambas do departamento de Informática e membros do equipo de dinamización de biblioteca, viaxamos a Lengenfeld, na Saxonia alemá, cunha bolsa Erasmus+ dentro do proxecto KA-102. Alí levamos a cabo unha experiencia de job shadowing no instituto, na que puidermos integrarnos nas propias actividades do centro, como por exemplo:

 

  • Charlar co alumnado que asiste ás clases de alemán como lingua estranxeira, na que conversamos en inglés cos estudantes de procedencia ucraína, polaca, vietnamita, armena, croata, kosovar, brasileira, búlgara e incluso unha rapaza española de pais rumanos, que estivo pendente de nós durante toda a semana.
  • Asistir a clases de TIC, actividades domésticas e música, na que incluso puidemos tocar instrumentos de percusión, facer música con bolígrafos e cantar unha canción en español que estaban preparando.
  • Visitar as instalacións, entre as que se atopaba unha piscina utilizada nas clases de educación física.
  • Recordar o pouco alemán que sabiamos, na clase de alemán para estranxeiros, xunto cun alumno ucraíno que chegou recentemente ao país.
  • Presentar o noso instituto e a nosa cidade e comunidade ao alumnado da clase 9 (equivalente a 1º de Bacharelato) na clase de inglés.
  • Dar unha clase de inglés sobre animais ao alumnado da clase 5 (10 anos), quen non cría que houbese xente que non falase alemán.
  • Conversar coa orientadora do centro, que nos contou que o alumnado de secundaria realiza prácticas en empresas para poder coñecer os posibles oficios que poderán desempeñar no futuro. Ademais, posto que esta profesora é a encargada da actividade extracurricular de costura, acordamos tratar de realizar actividades en colaboración co Espazo Maker da biblioteca.
  • E, o máis emocionante: levamos cartas do alumnado de 1º da ESO ao alumnado da clase de español e tivemos a ocasión de coñecernos por videoconferencia, onde ademais de presentarse, puideron falar en portugués cos estudantes brasileiros de ambos os institutos e incluso en turco. Foi tan emotivo por ambas as partes que quedamos en manter a comunicación entre o alumnado de ambos institutos.

 

A experiencia non puido ser mellor. O trato por parte do profesorado foi fantástico, pero tamén por parte do alumnado, que se mostrou moi interesado en saber máis sobre nós (incluídas as nosas preferencias futbolísticas) e que nos saudaba polo patio cada vez que nos vían. Esperamos que este sexa o inicio dunha colaboración frecuente entre ambos institutos.

Por último, só nos queda agradecer á directora Anke Barth pola súa invitación e á profesora Selma Cardaklija por estar tan pendente de nós toda a semana, así como a todos os profesores que nos permitiron asistir e participar nas súas clases.

 

Galería de imaxes do evento

Erasmus Laura Fernández e Marta Rey Erasmus Laura Fernández e Marta Rey Erasmus Laura Fernández e Marta Rey Erasmus Laura Fernández e Marta Rey Erasmus Laura Fernández e Marta Rey Erasmus Laura Fernández e Marta Rey Erasmus Laura Fernández e Marta Rey Erasmus Laura Fernández e Marta Rey Erasmus Laura Fernández e Marta Rey Erasmus Laura Fernández e Marta Rey Erasmus Laura Fernández e Marta Rey Erasmus Laura Fernández e Marta Rey Erasmus Laura Fernández e Marta Rey Erasmus Laura Fernández e Marta Rey

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License