Skip to main content

Visita á Universidade de Mostar (Bosnia)

Erasmus Bosnia

A semana do 6 ó 10 de xuño o docente Juan Fernández-Herrerín asistiu, dentro do programa KA107, ó congreso "2nd International Erasmus+ Staff Training Week of the University of Mostar".

Este congreso tiña un dobre obxectivo. Por unha banda, analizar o impacto da Covid nos programas de mobilidade, e por outra, afianzar as relacións entre as distintas institucións académicas para mellorar os proxectos de mobilidade dentro do programa Erasmus+.

Por parte do consorcio que lidera o IES de Teis asistiron tamén o CPR Daniel Castelao (Vigo), IES El Lago (Madrid) e IES Campanillas (Málaga). Compartíronse experiencias con universidades doutros países coma a Masaryk University (Chequia), University of Applied Sciences in Nysa (Polonia) Virovitica University of Applied Sciences (Croacia), Univertity of Pula (Croacia), University of Split (Croacia), West University of Timisoara (Rumania), Edward Bernays University College (Croacia), University of Pécs (Hungría) e Fachhochschule Burgenland GmbH (Austria).

Dentro das xornadas do congreso, o anfitrión (Universidade de Mostar, Bosnia) explicou as súas experiencias ó longo dos últimos anos e amosou as diferentes facultades e actividades que desenrolan. Cada asistente compartiu as súas experiencias dos diferentes proxectos internacionais que están a desenvolver.