Skip to main content

Erasmus+ de profesorado en Florencia

<br />
    Erasmus Hortensia Vicente e Ana Mª Viéitez

No marco do programa Erasmus+, dúas profesoras da familia profesional de imaxe persoal, Hortensia Vicente e Ana Mª Vieítez, na semana do 8 o 12 de Maio levaron a cabo o programa de mobilidade KA-102 (mobilidade F.P.) nos institutos Aurelio Nicolodi e Elsa Morante de Florencia (Italia). Os obxectivos desta estadía eran coñecer por unha parte o sistema educativo de formación profesional en imaxe persoal e por outra a inclusión de alumnado con diversidade funcional visual e Asperger no ámbito docente para facilitar a súa incorporación no mercado laboral.

Durante os días da estancia en ditos centros, con unha excelente acollida polos anfitrións, puideron valorar e intercambiar as distintas características organizativas do centro e dos programas formativos.

En canto ás clases prácticas dos diferentes módulos puideron coñecer as metodoloxías e destrezas empregadas, así como a inclusión na práctica docente de alumnado e profesorado con diversidade funcional.

É salientable na práctica dos talleres o traballo coa interculturalidade, derivado do perfil do alumnado, así como a relación con outras institucións públicas como puideron comprobar nas actividades das clases.

Esta estadía tamén serviu para ampliar contactos con diferentes empresas do sector para o noso alumnado que realice a FCT en Italia.

A experiencia foi moi positiva e enriquecedora, contando coa colaboración de Carlotta Cartey, Veronica e Vanesa do centro Aurelio Nocolodi e con Loredana Laccarino responsable de Erasmus de Elsa Morante que facilitaron con esta mobilidade unha visión para incorporar novas posibilidades a formación profesional.

Todas estas experiencias compartíronas coas súas compañeiras da familia profesional de imaxe persoal ao seu regreso.

 

Galería de imaxes do evento

Erasmus Hortensia Vicente e Ana Mª Viéitez Erasmus Hortensia Vicente e Ana Mª Viéitez

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License