Skip to main content

NOMEAMENTO DA SALA DE PROFESORADO

<br />
Nomeamento da sala de profesorado

Este 11 de marzo celebramos todas as actividades organizadas polo Día Internacional da Muller xa que o propio 8 de marzo había folga estudantil convocada por tal ocasión. Unha das actividades que marcamos para este curso académico foi seguir co nomeamento dos espazos do centro co nome de mulleres senlleiras coa fin de darlles visibilidade tal e como marca o plan de igualdade do noso centro. Nesta ocasión nomeouse a sala de profesorado como a sala de Emilia Pardo Bazán tal e como o elixiu o profesorado en claustro e por votación. Estamos encantadas e encantados de que unha muller galega tan importante que foi novelista, periodista, ensaísta, crítica literaria, poetisa, dramaturga, tradutora, editora, catedrática e conferenciante sexa quen lle da nome a nosa sala de profesorado.Brabxs. Os agasallos de Brabxs (os dous cadernos e a bolsa) foran enviadas pola Unidade de Igualdade da Uvigo ao noso Grupo de Igualdade e Diversidade.

 

Nomeamento da sala de profesorado Nomeamento da sala de profesorado Nomeamento da sala de profesorado

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License