Skip to main content
Orientación e emprego

Orientación profesional personalizada

 

Se tes dúbidas e desexas recibir unha orientación profesional persoal e adaptada ás túas necesidades podes pedir unha cita enviando un correo a: Correo1 ou ben Correo2.

O proxecto profesional é un documento no que identificaremos cales son os obxectivos profesionais e persoais. A finalidade do mesmo é avaliar a túa formación, experiencia, e identificar as túas cualidades e capacidades para valorar se cumpres os requisitos que o mercado laboral está demandando. Isto permitirache coñecerte a ti mesmo e coñecer o teu perfil laboral, da mesma maneira que te orientará na busca de emprego.

Podemos axudarche en:

  • Funcionamento do Servizo de Orientación ao Emprego do IES de TEIS.
  • Deseño itinerario formativo-profesional.
  • Revisar o teu currículum e carta de presentación.
  • Procura de ofertas de traballo.
  • Orientacións previas a realización dunha entrevista de traballo. (non realizamos simulacións de entrevistas).
  • Orientación no proceso de acreditación de competencias.