Skip to Content

Actividades

VISITA AO DOLMEN DE DOMBATE

O día 24 de abril, o Departamento de Bioloxía en colaboración co Departamento de Educación Física organizaron unha saída ao Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate no municipio de Cabanas de Bergantiños. O alumnado de 1º da ESO xunto co alumnado do Club de Ciencia disfrutou da visita arqueolóxica, dun obradoiro de caza e un percorrido pola ruta dos MuíñosPara máis información prema: aquí

PLANTANDO CARA O LUME

O pasado luns 15 de abril, o Departamento de Bioloxía e a Biblioteca do IES Terra de Xallas organizou unha actividade colaborativa coa Facultade de Bioloxía (Área de Ecoloxía) da USC. O alumnado e o seu profesorado participaron nunha estratexia de Aprendizase-Servizo (Aps) para a loita contra os incendios forestais. Para máis información prema: aquí

VIAXE DE 2º DE BACHARELATO

O pasado mércores 6 de marzo o alumnado de 2º de Bacharelato disfrutou dunha viaxe de tres días organizada polo Departamento de Ciencias Naturais. Visitaron As Médulas, Astorga, Covas de Valporquero, Praia de Bares, Porto de Espasante, Cariño, Cabo Ortegal e os Cantís de Vixía Herbeira. Galería de fotos

 

VISITA Á X FEIRA DE MINERAIS

O venres 1 de marzo, o alumnado de 1º da ESO e de 2º de Bacharelato que cursa Xeoloxía visitou a X Feira de Minerais celebrada en Area Central (Santiago de Compostela). O alumnado acudiu a Charla sobre "Cobalto, la fiebre del oro azul" impartida polo xornalista da Vanguardia, Xavier Aldekoa, e participou nos obradoiros de Mineraloxía, Fósiles, Identificación de minerais e Bateo de Ouro. A saída foi organizada polo Departamento de Ciencias Naturais. Se queres coñecer algo máis sobre a visita, Preme aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut