Skip to Content

Actividades

APRENDE A TRAVÉS DO SURFING

Os grupos de 4º ESO do IES Terra de Xallas participaron nunha activade do proxecto educativo “aprende a través do surfing” que consiste nunha plataforma on-line con contidos educativos, unha sesión vivencial no  propio centro e por último unha mañá completa na praia de Razo en Carballo coa escola de surf “Art Surf Camp”. Ademais da toma de contacto coas ondas do mar, inculcáronse valores de conservación do medio natural e do comportamento das correntes para poder desfrutar dun baño seguro nos nosos areais. Grandes xornadas de deporte, convivencia e aprendizaxe, coas que seguimos inculcando hábitos saudables nos nosos alumnos/as!!! Para máis información prema:aquí

 

PARTICIPACIÓN NO INTERCOMARCAL DE CROS

O pasado martes 27 de febreiro celebrouseen Noia a proba deportiva intercomarcal de cros organizada polo programa Xogade. Na actividade participou o alumnado de 2º da ESO  xunto con outros 65 centros educativos con un total de 700 participantesFermosa xornada de convivencia, deporte, disciplina, esforzo e superación coa que pretendemos dende o departamento de educación física inculcar estos valores e hábitos de vida activa e saudable. Parabéns as/os nosos atletas!!!

CHARLA ARBITRAXE

O luns 19 de febreiro recibimos no centro a Eugenia Gil Soriano, árbitra profesional e de 1º división feminina, acompañada do responsable da delegación de árbitros da costa Manuel. Impartironunha interesante charla aos alumnos/as de 4º da ESO e 1º BACH, na que acercaron esta profesión ao alumnado como unha forma máis de gañarse a vida, facer deporte e inculcar valores… o tempo que Eugenia falaba dos seus inicios en esta profesión, como o compaxina co atletismo, e como é o seu atareado día a día de viaxes e arbitrando por todo Europa o nivel máis alto do fútbol femenino.

Manuel foi o encargado de informar e dar a posibilidade ao alumnado de facerse árbitros/as a través dun curso intensivo que dará comezo en marzo en Baio (Zas), esperamos ver alí algunha cara coñecida.

 

VIAXE Á NEVE

O alumnado de 1º de Bacharelato xa está nas pistas de Panticosa (Huesca-Aragón). Que o disfruten!!

Galería de fotos

      

PARTICIPACIÓN NA PROBA DE CAMPO A TRAVÉS DA BAÑA

O pasado venres 24 de novembro celebrouse nas inmediacións do CPI de San Vicente da Baña a fase zonal de campo a través do programa Xogade, iniciativa promocionada e financiada pola Xunta de Galicia. Os 65 alumnos/as de 1º e 2º ESO do IES Terra de Xallas, completaron o esixente percorrido de 1200 e 2000 metros respectivamente. Noraboa a todos/as participantes, vémonos na próxima! 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut