Skip to Content

Actividades

SAÍDA EN BICICLETA AO POLÍGONO EMPRESARIAL DE SANTA COMBA

O luns 13 de maio o departamento de Tecnoloxía en colaboración co departamento Educación Física, realizou co alumnado de 2º da ESO unha saída en bicicleta para coñecer un poco máis o tecido empresarial da nosa contorna. Visitamos os Talleres Facal, a Subestación transformadora, a empresa Novo Campo Plantenes e a Ecoplanta de Resíduos Sólidos Urbanos. 

 

VISITA A SOGAMA

O martes 27 de febreiro, o alumnado de 1º da ESO xunto co alumnado dos Ciclos Básicos de Restauracion e Mantemento de Vehículos realizaron unha visita ao Complexo Medioambiental de Cerceda, SOGAMAA visita consistiu nunha charla formativa sobre as instalacións e a súa funcionalidade, unha visita polas instalacións empregando as lentes de realidade virtual e obradoiros de reciclaxe. A saída foi organizada polos Departamentos de Tecnoloxía e Ciencias Naturais, se queres coñecer algo máis sobre a visita, preme aquí.

VISITA AO MUNCYT, DOMUS E ACUARIO DA CORUÑA

O venres 2 de febreiro, o alumnado de 2º da ESO realizou unha visita ao Museo de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña onde participou en diferentes talleres. A continuación, coñeceu a Domus, museo interactivo adicado ao ser humano, e pola tarde visitou o Acuario e a Torre de Hércules. A saída foi organizada polos Departamentos de Tecnoloxía, Física e Química e Ciencias Naturais. Se queres ver a galería de fotos: prema aquí.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut