Skip to Content

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN

 

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE BAREMACIÓN

 

DEBIDO A QUE O NÚMERO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA 1º DE BACHARELATO EXCEDE O NÚMERO DE PRAZAS OFERTADAS PROCEDEREMOS Á BAREMACIÓN DAS SOLICITUDES. OS SOLICITANTES PODERÁN PRESENTAR DOCUMENTACIÓN PARA A BAREMACIÓN DO 21 DE MARZO AO 5 DE ABRIL, CONFORME AO INDICADO NO ARTIGO 30 DA ORDE DO 21 DE OUTUBRO

 

 (Máis información na nosa páxina web http://www.edu.xunta.gal/centros/iesvilalonga/)

 

Benvida

IES de Vilalonga  
A Salgueira nº 40
Vilalonga - Sanxenxo

Tlf 886159137
Fax 886159146

email  ies.vilalonga@edu.xunta.gal

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE ESTUDOS PARA O CURSO 2024/25 (ENSINANZAS POSTOBRIGATORIAS)

O Ministerio de Educación e Formación Profesional vén de convocar bolsas de carácter xeral para o curso académico 2024/2025 para estudiantes que cursen estudios postobrigatorios.

Na convocatoria establécese o prazo de solicitude tanto para alumnado que se atope cursando ensinanzas universitarias como para o que se atope cursando ensinanzas postobrigatorias e superiores non universitarias.

O prazo de solicitude será do 19 de marzo ata o 10 de maio de 2024.

Para máis información, preme na seguinte ligazón

.

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2024

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2024

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de convocar 645 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024 (Orde 29 de xaneiro de 2024). 

O prazo de solicitudes aberto dende o 13 de FEBREIRO ata o 12 de MARZO (incluído).

Pode consultarse máis información na seguinte ligazón.

 

ESA 4. COMEZO DAS CLASES

O Módulo 4 de Educación Secundaria para persoas adultas (ESA) dará comezo o luns 5 de febreiro.

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO NO IES PARA O CURSO 2024/2025

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO NO IES PARA O CURSO 2024/2025

 

-NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN:

 

  DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

   ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o desenvolvemento do proceso de Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2024-25.

 

Acordo do 11 de outubro de 2023 sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes da comunidade autónoma de Galicia,

 

  -POSTOS ESCOLARES OFERTADOS NO IES DE VILALONGA:                                     

 

NIVEL

PRAZAS POR NIVEL

VACANTES ESTIMADAS

1º ESO*

90

80

2º ESO

90

21

3º ESO

90

26

4º ESO

90

27

1º BACH. HUM. E CCSS

66

43

1º BACH. CIENCIAS

66

42

2º BACH. CIENCIAS

66

0

2º BACH. HUM. E CCSS

66

0

 

-PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE RESERVA (centros adscritos): 15 de xaneiro – 5 de febreiro

 

-DATA DE PUBLICACIÓN DA LISTAXE DO ALUMNADO CON POSTO RESERVADO: 22 de febreiro

 

-PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ORDINARIAS DE ADMISIÓN:

 

Do 1 ao 20 de marzo de 2024.

 

Prazo para solicitudes FÓRA DE PRAZO: do 21 de marzo ao 25 de abril.

 

-PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS ALEGADOS PARA O BAREMO SE É O CASO:

 

Do 21 de marzo ao 5 de abril ambos os dous incluídos.

 

-DATA DE PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO E PRAZOS PARA FORMULAR RECLAMACIÓN:

 

-Listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: 25 de abril.

 

-Prazo de reclamación contra a listaxe provisional: 5 días hábiles a partir da súa publicación.

 

-Listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: 15 de maio (1 mes para as impugnacións).

 

-PRAZO DE FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA EN ESO E BACHARELATO:

 

Do 23 de xuño ao 7 de xullo.

 

 

 

-CENTROS ADSCRITOS AO IES DE VILALONGA:

 

ESO

 

-CEIP Cruceiro: Vilar, Touceira, O Castro, Piñeiros, Costiña, Freixo, Rouxique, Salgueira, Cruceiro, Bruñeira, Lagarei, Arnosa, Fianteira, Xuncabranca, Gondar de Abaixo, Gondar de Arriba, Revel, Pedreiras, Peai, Cruce da Vichona (dirección Vilalonga), Lomba, Outeiro, Gondariño, Carballo, Empalme, Altamira,Seixobranco.

 

-CEIP Plurilingüe de Nantes: O Pedroño, Nantes de Reis, Bouzón, Santa Eulalia de Nantes, Seixomil, Pazos, Casal, Buezas, Fontoira (a partir do cemiterio), Contumil, Seixal, Rial, Santa Mª da Digana, Vinquiño (a partir da casa nº 5), Pedrouzos, Xesteiriña, Forxán, A Cachada, O Santo, Dadín, Pedeiras, A Granda,Viliquín.

 

-CEIP de Noalla: Telleiro, Aios, Eira do Monte, Besadoiros, Capilla, Bascuas, Pragueira, Major, Cachadelos, Foxos, A Lanzada, Quintáns, Igrexa, Altín, Soutullo, Pontes, Salgueiro do Mato, Casal, Caseiros (cuartel), Tombelo, Revolta I, Revolta II.

 

BACHARELATO

 

-IES de Sanxenxo.

 

-IES de Meaño.

 

-CP Abrente.

 

-ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES

 

-Área de influencia: concello de Sanxenxo.

 

-Áreas limítrofes: concellos aledaños.

 

-SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DO IES DE VILALONGA:

 

Transporte escolar.

 

A admisión e a matriculación nun centro docente público ou privado concertado implicarán respectar o proxecto educativo e o carácter propio do centro privado concertado, se o tivese.

 

Poderán consultar na aplicación admisionalumnado https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado):

 

a) O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.

 

b) A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.

 

c) A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.

 

d) O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

 

e) A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

 

 

 

 

Rafael Arines Gago, director do IES de Vilalonga

 

 

 

 

.

Distribuir contido


by Dr. Radut