Skip to Content

Avaliación de diagnóstico.

Os vindeiros días 10 e 11 de abril de 2024 terán lugar as probas de avaliación de diagnóstico do sistema educativo galego. Trátase dunha avaliación de carácter anual que comeza este curso 2023-2024, dirixida a todo o alumnado da comunidade de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria.


Non se trata dunha avaliación do alumnado, pois a avaliación será anónima e, polo tanto, non terá ningún efecto académico nin se reflectirá no expediente do alumnado. O obxectivo desta avaliación non é outro que obter información sobre o sistema educativo e o grao de adquisición das competencias en cada centro, tomando como referencia o alumnado de toda Galicia. A partir da información que se obteña, os centros iniciarán un proceso de reflexión sobre a práctica educativa que terá por resultado o deseño de medidas transformadoras, orientadas á mellora dos resultados e integradas no plan de mellora de cada centro educativo.


Todos os datos recompilados son estritamente confidenciais, e non se revelará a identidade de ningunha persoa. O seu tratamento será anonimizado e con fins unicamente estatísticos.

Poden atopar máis información sobre a avaliación de diagnóstico na seguinte ligazón.



book | by Dr. Radut