Skip to Content

INFORMACIÓN MATRÍCULA ABAU

IMPORTANTE: Non realizar ningún trámite nin facer ningún pagamento antes de recibir as notas de 2º Bach.

Prazo de matrícula ABAU: Xoves 16 de maio de 2024 e Luns 20 de maio de 2024 (recoméndase entregar a documentación o xoves para evitar calquera inconveniente).

Pasos a seguir:

 

 

1. Solicitude do Título de Bacharelato.

Unha vez aprobado 2º Bacharelato, debes solicitar o título. Para iso, debes pagar as taxas correspondentes e presentar no centro o xustificante de pago xunto co impreso de solicitude.

Para realizar o pagamento podes:

 

  • Dirixirte presencialmente a unha oficina bancaria e presentar o modelo A cuberto.

  • O pagamento tamén pode ser telemático a través da páxina da Xunta de Galicia ATRIGA.

 

2. Prematrícula nas probas ABAU.

Debes cubrir o impreso de datos persoais e académicos e traelo asinado á secretaría do centro.

 

 

3. Pago das taxas de ABAU.

 O pago das taxas de ABAU pode realizarse:

  •  Presencialmente nunha oficina bancaria (Banco Santander ou Abanca), debendo aportar no centro educativo o xustificante de pagamento.
  • Telemáticamente a través de Nerta. Depois de ter entregado no centro a prematrícula e ter activada a conta na aplicación. Convén que de todos modeos aportes o xustificante de pagamento no centro.

 (IMPORTANTE: Non activar a conta en Nerta ata entregar a documentación no centro educativo)

 

 4. Documentación a aportar no centro.

  •  Fotocopia do DNI.
  • Xustificante de pagamento das taxas do título. En caso de pagamento online das taxas do título, o xustificante xerado no momento do pagamento.
  • Xustificante de pagamento das taxas de ABAU 2024.
  • Impreso de datos persoais e académicos asinado.

  • De ser familia numerosa. Copia do Libro de Familia actualizado.

Os sobres de matrícula pódense recoller na secretaría do IES Vilar Ponte a partir do mércores 15 de maio de 2024



page | by Dr. Radut