Skip to Content

Anuncios

Información para novos alumnos procedentes de Primaria

Enlace para acceder á información elaborada polo Departamento de Orientación.

Tarefas para o mes de Xuño de Jesús Fdez. Cal

Tarefas de 3º ESO A  , 3º ESO C:  Enlace

Tarefas de MATEMÁTICAS I , 1º BACHARELATO:  Enlace

Información para 3º ESO

Información para 1º BACHARELATO

Información sobre a avaliación de materias pendentes de cursos anteriores

Información por departamentos. Enlace

INFORMACIÓN CORONAVIRUS

INFORMACIÓN 16/3/20:

-  Durante a suspensión das clases o centro permanecerá pechado para toda a comunidade educativa. 

- A comunicación  farase a través das seguintes canles:

Tfno:683238834 

Correo electrónico: ies.vilar.ponte@edu.xunta.es

Para todas aquelas cuestións de urxencia que non se podan resolver de  forma telemática ,  atenderase con  cita previa  en horario de 10h a 13 h.

 - O prazo para admisión  do alumnado queda interrumpido e reanúdase no momento en que perda vixencia o estado de alarma.

ATENCIÓN AO ALUMNADO: A comunicación cos alumnos, alumnas,nais  e pais co profesorado  pode ser a través de E-DIXGAL, Abalar, aula vitual do instituto, teléfonos..... según estableza cada profesor.  

-Alumnado de 1º e 2º de ESO:  Estade  pendentes dos novos contidos que aparezan en EDIXGAL e a información desta  páxina.

-Restante alumnado:   Estade atentos ás información desta páxina, e a aula virtual. O  profesorado está organizando e decidindo a forma de contactar con vos.

 

Enlace á INFORMACIÓN DO PROFESORADO: (Actualizada 31/3/2020)

  INSTRUCIÓNS E TRABALLO PARA L. Galega de X.M. L. Hermida

Enlace a  exemplos de  exames  de MAT I  de Jesús Fdez. Cal

Resolución exame A_ parte 1

Resolución exame A _ parte 2

Resolución exame A _ parte 3

Resolución exame B

Enlace a información da App abalarMóbil para familias

  

Información 12/3/20:

      - Mañá, venres 13, só  no caso de problemas de conciliación virán as   alumnas e alumnos  ao  centro, polo que se suspenden as clases e os exames  en todos os niveis.

    - Dende o luns 16 de marzo ata luns 30   o centro permanerá pechado para o alumnado.

 - Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia  do coronavirus.   

 

 

Información sobre a Convocatoria ABAU de Setembro

 Infromación sobre matrícula, lugares, datas e horarios das probas de ABAU que se realizarán os días 15,16 e 17 de setembro.

Enlace

Novas datas para a celebración das probas de acceso de grao medio e de grao superior. Convocatoria 2020

Publicada a Resolución do 24 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional do sistema educativo.

ENLACE

DATAS DE ENTREGA DE TAREFAS DE RELIXIÓN CATÓLICA_2020

 

Información sobre  datas de entrega das tarefas de relixión católica no terceiro trimestre do curso 2019/2020

Enlace

Novo prazo para o proceso de admisión

 

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 ata 18 do mesmo mes.

Outros prazos: 

● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

 ● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

 ● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

 ● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

 ● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO:  10:00 a 13:00

  Máis información

 

Novas ABAU 2020

NOVAS ! Cambios importantes para  a ABAU  para o presente curso .  Ver  o arquivo adxunto.

CALENDARIO EXAMES DE SETEMBRO CURSO 18-19

CALENDARIO EXAMES DE SETEMBRO

Descargar en PDF

OS EXAMES TERÁN LUGAR NO SALÓN DE ACTOS DO EDIFICIO VILAR PONTE I

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS ESO

Convocados os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/19

 Máis información na páx web da consellería

PUBLICACIÓN ADMITIDOS EN AXUDASLE 2019

Publicación de listaxes definitivas de admitidos e reservas de axudasle correspondentes á convocatoria 2019.

Máis información na páxina da Xunta 

AXUDASLE

CALENDARIO EXAMES 2º BACHARELATO EXTRAORDINARIA

Calendario de exames da convocatoria extraordinaria de 2º bacharelato

 

ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2020-2021

Comunicamos que TODOS os alumnos de 1º ESO que fixeron  a reserva  desde os centros adscritos están admitidos.

 

 

 

 

 

 

CONCURSO DE RELATO CURTO COCA-COLA -NOVOS TALENTOS-

PARABÉNS!!!

As nosas alumnas Claudia Prieto Riguera e Carla Rivera González de 2º ESO son dúas das tres finalistas do 11º Concurso de relato curto "Novos Talentos" organizado por Coca-Cola pola provincia de Lugo.

A comunidade educativa do IES Vilar Ponte dálles a noraboa e deséxalles boa sorte na fase final.

 

 

Unha edición máis temos dúas representantes na fase final!

Podedes ver todos os finalistas de Galicia no seguinte enlace

AXUDAS ACTIVIDADES LINGUAS ESTRANXEIRAS 2019

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 1 mes, do 20 de febreiro ata o 20 de marzo

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

Quen o pode solicitar?

Alumnado que estea cursando durante o curso 2018/19, no réxime xeral, 1º, 2º, 3º ou 4º da educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato.

Cando son as actividades?

O período de realización  comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2019, coa excepción das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2019/20

Como presento as solicitudes?

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

 

 

 

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2020-21

Inicio do proceso de reserva e admisión nos centros sostidos con fondos públicos para o curso 2020-2021

Máis información na páxina da consellería: enlace

SESIÓN INFORMATIVA PARA AS NOVAS FAMILIAS CURSO 19/20

 Estimadas familias:

Dirixímonos a vostedes para invitalos a unha reunión informativa sobre A OFERTA EDUCATIVA DO IES VILAR PONTE que terá lugar o próximo día 6 de febreiro ás 18:00 horas da tarde no salón de actos do centro (Edificio principal).

Dados os asuntos a tratar para o futuro educativo dos seus fillos, esperamos contar coa súa asistencia.

Reciban un cordial saúdo.

 

A directora do IES Vilar Ponte

Beatriz González-Moro Galán

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 18

De conformidade co establecido na Resolución do 25 de setembro de 2018, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 08/10), realizarase proximamente neste Centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, integrada por:

    - O director ou directora do centro.
    - Un profesor ou profesora.
    - Un pai ou nai ou titor legal.
    - Un alumno ou alumna.
    - Un representante do persoal de administración e servizos
       
Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste centro o próximo 30 de outubro, ás 12:00 horas, na secretaría do centro.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

Normas xerais que regulan o proceso electoral do Consello Escolar

 

CENSO

A xunta electoral, unha vez constituída e de acordo coa lexislación vixente, procede a aprobar a publicación das convocatorias dos distintos sectores de representación, así como a publicación dos seus correspondentes censos electorais.

Os censos electorais pódense consultar no centro

 

CANDIDATURAS

Aquelas persoas que desexen presentarse como candidatos ao Consello Escolar polos distintos sectores (alumnos, responsables, profesores ou persoal non docente) poden descargar e cubrir o modelo de candidatura e entregar na secretaría do centro antes das 13:30 do 14 de novembro de 2018

Candidatura alumnos

Candidatura responsables

Candidatura profesores

Candidatura persoal non docente

O impreso tamén está dispoñible nas conserxerías do centro

 

CALENDARIO

 

5-14 novembro

Presentación candidaturas ata as 13:30 horas

19 novembro

- Admisión, proclamación e publicación das candidaturas

- Aprobación dos censos electorais

- Aprobación papeletas

- Sorteo público membros das mesas electorias

20 novembro

- Claustro ordinario para informar eleccións ao Consello Escolar

26 novembro

Eleccións Consello Escolar:

- PAS: 9:30h
- Responsables: 15:00 a 19:30

27 novembro

Eleccións Consello Escolar:

- Claustro extraordinario: 14:00h
- Alumnos: 8:30 a 12:30

28 novembro

 3ª Reunión Xunta electoral

29 novembro

Constitución Consello Escolar en sesión extraordinaria

 

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018

Publicada a resolución pola que se establece o calendario de eleccións do Consello Escolar para o curso 2018-2019

O noso centro este ano ten que renovar os seguintes membros:

 

RENOVACIÓN MEMBROS CONSELLO ESCOLAR CURSO 18/19

PROFESORES

7

ALUMNOS

2

PAIS/NAIS

3

PERSOAL NON DOCENTE

1

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut