Skip to Content

Appimage, que son?

Os appimage teñen as seguintes propiedades:

 

Son arquivos binarios, pero no canto de ter a extensión . exe ou . dmg teñen a extensión . AppImage.

Ao executalos se automonta unha imaxe ISO comprimida que contén un programa e a totalidade de librerías para que o programa funcione de forma independente. Unha vez montada a imaxe executarase o contido da imaxe e por tanto abrirase o programa.

Un arquivo . AppImage tan só pode conter un programa. Ao facer dobre clic sobre o paquete abrirase o programa.

Os programas encapsulados dentro dun paquete . AppImage pódense executar na totalidade de distribucións Linux.

Permítennos instalar e usar un programa sen necesidade de outorgar permisos de administración.

Conteñen a totalidade de librerías para que un programa funcione de forma autónoma e adecuada. Por tanto, os programas pódense usar sen depender das librerías que teña noso distribución.

Fontes para descargar paquetes

Unicamente descarguen paquetes AppImage da web do desarrollador da aplicación. Por razóns obvias non é seguro descargar programas de fontes descoñecidas.

Existe un repositiorio central de aplicacións, para acceder  AppImageHub.

 

INSTALAR UN PROGRAMA MEDIANTE PAQUETES APPIMAGE

 

1.- Decargar o paquete.

2.- Dar permisos para que o arquivo se poda executar como programa, facendo clic co botón esquerdo sobre o appimage elixes propiedades, é permites a execución do programa.

2a.- Tamén podes facelo mediante o terminal chmod a+x nome do arquivo

3.- Para executar o programa facer doble clic sobre o appimage

 


 

 

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut