Monográfico sobre intervención en dislexia e TDAH

Data: 
sábado, 5 de abril de 2014
Lugar: 
Santiago de Compostela

A empresa INTEGRATEK en colaboración con AGADIX (Asociación Galega de Dislexia) realizará unha xornada formativa co título "Monográfico sobre intervención en Dislexia e TDAH" o próximo día 5 de abril no Colexio La Salle de Santiago de Compostela.

O curso ten como principal obxectivo ofrecer os coñecementos necesarios para a intervención reeducativa na dislexia e o TDAH, desde o ámbito escolar ou na práctica privada. Partindo desde o punto de vista da experiencia no traballo diario con estes trastornos, aprenderase a deseñar actividades, xogos, seleccionar recursos e elaborar materiais.

O aforo é limitado.Toda a información no seguinte ENLACE