1º Encontro de linguas ibéricas

Conferencias Internacionais de Linguística
Data: 
Desde venres, 16 de setembro de 2016 ata sábado, 17 de setembro de 2016
Lugar: 
Covilhã (Portugal)

O Departamento de Letras da Universidade da Beira Interior (Covilhã - Portugal)  organiza o 1º Encontro de Línguas Ibéricas - Conferências Internacionais de Linguística. Atopan aquí espazo todas as linguas oficiais e non oficiais da península ibérica, así como as diferentes variedades diatópicas peninsulares. De acordo co carácter plural e heteroxéneo de calquera lingua, as diversas variedades de América, África e Asia son tamén parte indisociable do espírito deste encontro.

Este evento, de carácter bianual, terá lugar os días 16 e 17 de setembro de 2016 e estará dedicado á máis recente investigación científica nas seguintes áreas:

1- Xénese e evolución das linguas ibéricas.

2- Ensino das linguas ibéricas como lingua estranxeira ou segunda lingua.

3- Ensino das linguas ibéricas na era dixital.

Toda a información na web da Univesidade da Beira Interior