Imaxina Cantares!

Concurso audiovisual dirixido aos EDLG

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca o concurso audiovisual Imaxina Cantares!. A iniciativa, dirixida aos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) dos centros de ensino galegos de titularidade pública, enmárcase nas accións coas que a Xunta de Galicia se suma á conmemoración do 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos, obra inaugural do Rexurdimento galego.

Os obxectivos principais do certame Imaxina Cantares! son:

  • dinamizar a lingua galega entre o alumnado
  • achegar e dar a coñecer a figura e a obra de Rosalía de Castro
  • fomentar a creatividade en lingua galega 
  • promover a presenza da lingua galega en diferentes espazos e soportes, nomeadamente no audiovisual
  • fomentar o traballo conxunto entre o alumnado.


Paralelamente, a iniciativa fomenta a lectura en lingua galega, a creatividade e a formación estética, así como o coñecemento da linguaxe audiovisual e das ferramentas TIC. Todo isto convérteo nunha opción moi completa e promotora da innovación educativa.
 

A participación terá que facerse por medio dos EDLG e presentando unha peza audiovisual centrada nos Cantares Gallegos que cumpra as características técnicas requiridas.

Contémplanse dous premios por modalidade e tamén unha certificación de Premio de Innovación Educativa para o profesorado coordinador das pezas gañadoras. O resto de profesorado participante recibirá un certificado de 8 horas de formación permanente.

Prazo de presentación de proxectos: ata o 22 de marzo

Consulta as bases AQUÍ

Inscríbete AQUÍ