Premios FORUM EUROPEO GALICIA 2020-2021

O Forum Europeo de persoas Administradoras da Educación (FEAE) é unha asociación no gobernamental que traballa no ámbito da educación de varios países de Europa, fundamentalmente en aspectos relacionados coa administración e a xestión educativas.

Os Premios FORUM EUROPEO GALICIA 2020-2021 buscan identificar recoñecer e promover a centros educativos e a grupos de docentes  comprometidos coa innovación educativa, a través do desenvolvemento de iniciativas didácticas que axuden a construír unha rede de propostas educativas que inspiren transformación e innovación e que sexan facilmente transferibles a outras contornas educativas. 

Os Premios destacan as iniciativas que se consideran máis creativas e efectivas para atopar solucións aos desafíos educativos en calquera nivel educativo e en todas as contornas. Destacarán proxectos de revitalización de centros educativos dirixidos a desenvolver a innovación educativa en ámbitos curriculares, tecnolóxicos, metodolóxicos, didácticos e organizativos dos diferentes niveis e etapas do sistema educativo.

Propóñense dúas modalidades de presentación:

• Modalidade A: para proxectos de centros educativos de educación infantil (0-6), CRA, Primaria, Secundaria e Formación Profesional.

• Modalidade B: para proxectos de equipos de profesorado de centros educativos de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Formación Profesional.

O formulario de inscrición aos Premios FORUM EUROPEO GALICIA 2020-2021 estará dispoñible na páxina web do FEAE-Galicia a partir do 22 de marzo, e os traballos recibiranse desde o 22 de marzo de 2021 ata o 22 de abril de 2021.

 

Máis información

 

Palabras clave: